Un peto ou bolso é un pequeno saquiño que está cosido á unha peza de vestir e serve para gardar obxectos;[1] pode ter unha rañura simple ou estar protexido cunha lapela. Tamén pode proverse dun sistema de abertura e peche, como a cremalleira, un botón ou o seu análogo prehistórico, o corno, que impiden que saian con facilidade os obxectos gardados dentro.

Peto dun pantalón vaqueiro.

Usos editar

A función principal do peto é gardar obxectos de pequeno tamaño de maneira que estean a man cando se necesiten; isto último está moi ligado ao propio concepto de peto, que adoita ter o tamaño de aproximadamente unha man, e estar ao alcance desta. Se fai frío, os petos tamén se usan para abrigar as mans.[1]

Tipos editar

Outro tipo de peto consiste nunha bolsa cosida á roupa por fóra, sen rañura na mesma. Este tipo de peto tipicamente é máis cómodo ao sobresaír da silueta, sen comprimir a tea da vestimenta ou o contido do peto contra o talle do seu dono. Tamén os hai de tamaño menor, co fin de aloxar unhas moedas, un chisqueiro etc.

Obxectos de peto editar

 
Reloxo de peto.

Existen multitude de obxectos denominados "de peto", por ter como características unhas dimensións e deseño orientados a gardalos nestes, caber na palma dunha man ou levalo un mesmo con facilidade. Entre outros están:

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Peto no Portal das Palabras.