Cremalleira

tipo de peche usado en confección consistente nunha fileira de ganchos

A cremalleira é un tipo de peche aplicado na industria da confección. Foi inventada en 1893 polo estadounidense Whitcomb Judson.[1][2] Consiste en dúas tiras de xénero cunha continua repetición de ganchos de unión con certa rixidez xeral, e dun simple aparato de unión. Estes ganchos, ao seren abertos e xuntados de forma contraria, fican unidos xa que non teñen suficiente espazo para se desprazaren debido a que o anterior está unido. O sistema de unión consiste simplemente de dúas cámaras que se xuntan, variando o ángulo para producir a separación dos ganchos. Ao ser aberto, este obriga aos ganchos a entrar da forma correcta na bifurcación para logo unir ambas as dúas fileiras de ganchos. Ao pechalo, fai a inversa xa que aproveita a mesma bifurcación que dada polo ángulo para que os ganchos se separen tal como o faría a auga na bifurcación dun río. Trátase dun mecanismo moi común que serve para permitir a unión de dous téxtiles por vontade do usuario doadamente.

Cremalleiras.

Notas editar