Penélope Cruz

actriz española

Penélope Cruz Sánchez, nada en Madrid o 28 de abril de 1974, é unha actriz española. Aínda que inicialmente foi bailarina e presentou programas de televisión, é mundialmente coñecida pola súa faceta cinematográfica, participando en películas realizadas en español, inglés e outros idiomas, coas que acadou un éxito importante e varios premios.

Infotaula de personaPenélope Cruz

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Penélope Cruz Sánchez Editar o valor em Wikidata
28 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Alcobendas (España franquista) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor em Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora , actriz de dobraxe , fotógrafa , actriz de televisión , presentadora de televisión , actriz de cinema , directora de cine Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJavier Bardem (2010–)
PaisEduardo Cruz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Encarna Sánchez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEduardo Cruz (pt) Traducir e Mónica Cruz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webpenelope-cruz.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0004851 Allocine: 3614 Rottentomatoes: celebrity/penelope_cruz Allmovie: p186999 TCM: 41791 Metacritic: person/penelope-cruz TV.com: people/penlope-cruz
Facebook: PenelopeCruzOfficial Twitter: PenelopeCruzOfi Instagram: penelopecruzoficial Dialnet: 3858739 Souncloud: penelopecruzofficial Spotify: 1zvro5ZPlWWt4AgRH2EZta iTunes: 438656425 Last fm: Penélope+Cruz Musicbrainz: 1d89d17d-7224-4ae2-bd74-87cececc164f Discogs: 2920892 Allmusic: mn0000261171 Deezer: 336699 Genius: Penelope-cruz Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Infancia e adolescencia editar

Penélope Cruz é filla de Eduardo Cruz (comerciante) e Encarna Sánchez (peiteadora), unha familia humilde de San Sebastián de los Reyes, Madrid. Axiña se sentiu atraída polo mundo da arte e a interpretación e, especialmente desde o momento no que viu a película ¡Átame! nun cinema da Praza Maior de Madrid. A partir dese momento decidiu ser actriz para poder chegar a cumprir un soño: traballar con Almodóvar. Completou o segundo ano do ensino secundario pero deixou a escola ós quince anos tras bater a máis de 300 rapazas nunha audición de talentos. Recibiu nove anos de aprendizaxe de ballet clásico no Conservatorio Nacional de Madrid, catro anos de mellora da danza en diversos cursos na Escola Cristina Rota en Nova York, e tres anos de ballet español con Ángela Garrido. Tamén realizou cursos de baile de jazz con Raúl Caballero.

Carreira cinematográfica editar

A primeira aparición notoria de Penélope foi a súa participación no videoclip "La fuerza del destino" do grupo technopop Mecano. Máis adiante comezou unha relación que durou varios anos con Nacho Cano, membro do grupo xunto con José María Cano e a vocalista Ana Torroja.

Foi condutora de La quinta marcha, un programa de televisión orientado a adolescentes onde coincidiu con Jesús Vázquez.

As primeiras películas nas que actuou foron Jamón, Jamón (Bigas Luna, 1992), na que saíu potenciada coa súa imaxe de sex-simbol e Belle Époque, de Fernando Trueba, película que gañou o Oscar á mellor película en lingua non inglesa en 1993.

 
Penélope Cruz.

En 1997, protagonizou Abre los ojos co papel de Sofía. Nesta película, dirixida por Alejandro Amenábar, actuaba xunto a Eduardo Noriega. O seu soño de xuventude cumpriuse en 1997, cando protagonizou a carón de Javier Bardem a película de Pedro Almodóvar Carne trémula. Porén, é outra a película de Almodóvar á que agradece a súa fama mundial, Todo sobre mi madre (1999), película gañadora do Oscar á mellor película en lingua non inglesa.

En 2000 deu o salto a Estados Unidos e actuou xunto a Matt Damon en All the pretty horses. En 2004 protagonizou a película italiana No te muevas, pola que gañou o premio David de Donatello á mellor interpretación feminina e foi candidata ó Premio Goya á mellor actriz.

A seguinte colaboración entre Pedro Almodóvar e Penélope foi en Volver (2006), película que protagonizou e pola que gañou o premio á mellor interpretación feminina no Festival de Cannes de 2006 (compartido co resto de actrices do filme: Carmen Maura, Chus Lampreave, Lola Dueñas, Blanca Portillo e Yohana Cobo).

Tamén por este papel recibiu no mes de outubro de 2006 o premio á mellor interpretación feminina nos Hollywood Awards, galardóns outorgados anualmente por críticos de cinema, produtores e directores de festivais e obtivo un nomeamento ó Globo de Ouro coma mellor actriz.

O papel de Raimunda en Volver tamén lle valeu a Penélope Cruz o Premio Goya á mellor actriz protagonista en 2007, así como un nomeamento ao Premio Oscar na mesma categoría, convértendose na primeira intérprete española en ser candidata a este galardón.

Vida persoal editar

Practica a filosofía budista. En 2000, tras protagonizar a película All the pretty horses tomou a decisión de facerse vexetariana.

En 2006 rompeu a súa relación con Matthew McConaughey ó que coñeceu na película Sahara. Previamente estivera con Tom Cruise, co que mantén unha boa amizade.

Ten un irmán, Eduardo Cruz, músico e cantante, e unha irmá, Mónica Cruz, tamén actriz e bailarina, que saltou á fama como unha das protagonistas da serie Un paso adelante, e que garda un gran parecido físico con Penélope.

Penélope Cruz fala catro idiomas: castelán, inglés, francés e italiano.

Filmografía editar

Premios editar

Premios Óscar editar

Globos de Ouro editar

  • 2006: Nomeada ó Globo de Ouro á Mellor actriz - Drama por Volver

Screen Actors Guild Award editar

  • 2006: Nomeada ó premio á Mellor actriz por Volver

Premios Satélite editar

  • 2006: Nomeada ó premio á Mellor actriz - Drama por Volver

Premios Goya editar

Premios da Unión de Actores editar

  • 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz de cinema por Volver
  • 1998: Gañadora do premio á Mellor interpretación de cinema por La niña de tus ojos
  • 1997: Nomeada ó premio á Mellor interpretación secundaria de cinema por Carne trémula
  • 1992: Gañadora do premio á Mellor interpretación secundaria de cinema por Belle Époque
  • 1992: Nomeada ó premio á Mellor interpretación revelación por Jamón, jamón

Premios BAFTA editar

Premios David de Donatello editar

Festival de Cannes editar

  • 2006: Gañadora do premio á mellor interpretación feminina (en conxunto co resto de actrices) por Volver

Hollywood Awards editar

  • 2006: Gañadora do premio á mellor interpretación feminina por Volver

Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos editar

  • 2006: Gañadora do premio á Mellor actriz por Volver

Premios do Cinema Europeo editar

Fotogramas de Prata editar

MTV Movie Awards editar

  • 2001: Gañadora do premio á Mellor actriz revelación por Blow

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar