Chus Lampreave

actriz española

María Jesús Lampreave, nada en Madrid o 11 de decembro de 1930 e finada en Almería o 4 de abril de 2016,[1] foi unha actriz española.

Infotaula de personaChus Lampreave
Biografía
Nacemento(es) María Jesús Lampreave Pérez Editar o valor em Wikidata
11 de decembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Almería, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0483942 Allocine: 7309 Allmovie: p40203
Discogs: 1172292 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aínda que nunca tivo vocación de actriz, converteuse nunha das máis recoñecidas e apreciadas do cine español. Participou en máis de cincuenta películas e numerosos traballos en televisión, colaborando cos máis importantes directores do Estado.

Tras cursar o bacharelato e movida pola súa gran paixón pola pintura, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando e por medio de Jaime de Armiñán, en 1958, Chus fai o seu debut como actriz na televisión. Os seus comezos no cine foron da man de Marco Ferreri e Luis García Berlanga, con quen traballou despois en películas tan emblemáticas como El verdugo e na triloxía Nacional.

Mais os seus maiores éxitos serían na década de 1980 e da man do director Pedro Almodóvar, co que roda Entre tinieblas (1983), ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (1984) e Matador (1986). Con el colaborou en cinco películas máis, incluíndo Hable con ella (2002) e Volver (2006). É a única actriz que traballou co manchego con regularidade en toda a súa filmografía.

Con Fernando Trueba actúa, en 1986, en El año de las luces, nun papel que supón a primeira das súas cinco candidaturas ao Premio Goya. Especializada en personaxes inxenuos ou despistados, adquire maior protagonismo en Espérame en el cielo (Antonio Mercero, 1988). Con Trueba volve a colaborar en Belle Époque (1992), filme gañador do Oscar á mellor película de fala non inglesa e pola que Chus obtivo o Goya á mellor actriz secundaria.

Filmografía editar

Ano Película Director
1958 El pisito Marco Ferreri
1960 El cochecito Marco Ferreri
1963 El verdugo Luis García Berlanga
1971 Mi querida señorita Jaime de Armiñan
1977 La escopeta nacional Luis García Berlanga
1980 Patrimonio nacional Luis García Berlanga
1980 Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón Pedro Almodóvar
1982 Laberinto de pasiones Pedro Almodóvar
1982 Nacional III Luis García Berlanga
1984 Entre tinieblas Pedro Almodóvar
1984 ¿Qué he hecho yo para merecer esto? Pedro Almodóvar
1985 Matador Pedro Almodóvar
1985 Sé infiel y no mires con quién Fernando Trueba
1985 Lulú de noche Emilio Martínez Lázaro
1986 El año de las luces Fernando Trueba
1987 La vida alegre Fernando Colomo
1987 Moros y cristianos Luis García Berlanga
1988 Espérame en el cielo Antonio Mercero
1988 Mujeres al borde de un ataque de nervios Pedro Almodóvar
1988 Amanece, que no es poco José Luis Cuerda
1988 Bajarse al moro Fernando Colomo
1992 Belle Époque Fernando Trueba
1992 Supernova Juan Miñón
1995 Siete mil días juntos Fernando Fernán Gómez
1995 Así en el cielo como en la tierra José Luis Cuerda
1995 La flor de mi secreto Pedro Almodóvar
1998 Torrente, el brazo tonto de la ley Santiago Segura
2002 El florido pensil Juan José Porto
2002 Hable con ella Pedro Almodóvar
2004 Di que sí Juan Calvo
2006 Volver Pedro Almodóvar
2008 Fuera de carta Nacho G. Velilla
2009 Los abrazos rotos Pedro Almodóvar

Televisión editar

Premios e candidaturas editar

Festival Internacional de Cine de Cannes

Ano Categoría Película Resultado
2006 Mellor actriz (en conxunto co resto de actrices) Volver Gañadora

Premios Goya

Ano Categoría Película Resultado
1995 Mellor interpretación feminina secundaria La flor de mi secreto Candidata
1992 Mellor interpretación feminina secundaria Belle Époque Gañadora
1989 Mellor interpretación feminina secundaria Bajarse al moro Candidata
1988 Mellor interpretación feminina secundaria Espérame en el cielo Candidata
1986 Mellor interpretación feminina secundaria El año de las luces Candidata

Fotogramas de Prata

Ano Categoría Película/Serie de TV Resultado
2005 Toda una vida Gañadora
1993 Mellor actriz de televisión ¿De parte de quién? Semifinalista (1ª rolda)
1990 Mellor actriz de televisión Eva y Adán, agencia matrimonial Candidata
1988 Mellor actriz de cine Espérame en el cielo
Miss Caribe
Mujeres al borde de un ataque de nervios
Candidata
1986 Mellor actriz de cine El año de las luces
Lulú de noche
MatadorMatador
Candidata
1984 Mellor actriz de cine ¿Qué he hecho yo para merecer esto? Candidata

Unión de Actores

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor actriz secundaria de cine Fuera de carta Candidata
2006 Mellor actriz secundaria de cine Volver Gañadora
1995 Mellor interpretación secundaria de cine La flor de mi secreto Candidata

Notas editar