Pegerto Pardo Balmonte

político galego

Pegerto Pardo Balmonte Gil, nado en Castro de Rei en 1843 e finado en Madrid o 12 de novembro de 1929[1], foi un político galego.

Infotaula de personaPegerto Pardo Balmonte
Biografía
Nacemento1843 Editar o valor em Wikidata
Castro de Rei, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1929 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Na Restauración integrouse no Partido Liberal sendo un dos homes de Benigno Quiroga Ballesteros, pero mantendo boas relacións con Manuel Vázquez de Parga, líder dos conservadores lugueses[2]. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Fonsagrada en 1881 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1886, 1891, 1893 e 1899. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en doce lexislaturas entre 1899 e 1923.

Casado con Segunda García, foi tío e mentor político de José Benito Pardo Rodríguez (Pepe Benito).

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Regional, 13,11,1929, p. 3.
  2. "Biografía de José Benito Pardo Rodríguez por Juan Soto" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de abril de 2010. Consultado o 16 de setembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar