Castro de Rei

concello da comarca de Terra Chá, na provincia de Lugo

Castro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2016 tiña 5057 habitantes, e o xentilicio é castrexo.[1]

Modelo:Xeografía políticaCastro de Rei
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°12′29″N 7°23′55″O / 43.208055555556, -7.3986111111111Coordenadas: 43°12′29″N 7°23′55″O / 43.208055555556, -7.3986111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalCastro de Rei Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.015 (2023) Editar o valor em Wikidata (28,33 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie177 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude444 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataFrancisco Javier Balado Teijeiro Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Castro de Rei Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27250 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27010 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con


Xeografía editar

Castro de Rei está situado na comarca da Terra Chá. A organización funcional do territorio obedece a unha estrutura monocéntrica, con tres focos comarcais: Vilalba, Guitiriz e Castro de Rei. Este factor condiciona a maior parte dos seus trazos socioeconómicos.

A súa altitude media sitúase entre os 400 e os 500 metros, aínda que na zona oriental o relevo volvese máis accidentado debido á súa proximidade ás serras do leste, con elevacións coma os Montes dos Millares (con 620 metros) e Pedras Albas (con 619 metros). Os montes da zona son Os Arroxos (493 m), O Condado (457 m), Aguceira (449 m), Abroiti (478 m) e Pedras Albas (616 m).

Regan as súas terras o Miño e varios dos seus afluentes. O Miño atravesa o concello e ata el derivan o resto dos colectores secundarios como son o Azúmara, o Lea e o Anllo.

Demografía editar

Dende o punto de vista demográfico, toda a comarca sufriu as consecuencias da emigración e do envellecemento demográfico, que tamén deixaron pegadas imborrables nas parroquias montañosas. Non obstante, Castro de Rei non experimentou as oscilacións doutros municipios lucenses no que se refire ás súas flutuacións demográficas. Ao longo de todo o século mantivo a súa poboación en torno aos seis ou sete millares, co cal a súa perda de poboación non foi tan alarmante como ocorreu nos municipios da montaña lucense.

Censo total 2016 5.057 habitantes
Menores de 15 anos 436 (8,62 %)
Entre 15 e 64 anos 2.975 (58,82 %)
Maiores de 65 anos 1646 (32,54 %)
Evolución da poboación de Castro de Rei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7211 7123 7513 6290 5856 5685 5474 5422 5267 5226 5.153 5.057 5.013 5.011 5.052 5.073 5.110
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Climatoloxía editar

Castro de Rei presenta un clima temperado, con abundantes precipitacións nos meses do inverno. Dende o punto de vista paisaxístico, se algo caracteriza a toda a comarca son as súas planicies e as súas extensas zonas húmidas, morada de aves acuáticas e de grandes comunidades de anfibios. Asociada a estas zonas húmidas aparece unha paisaxe en mosaico, de gran riqueza ecolóxica, con amplitude de cores e variedade de hábitats: pradeiras, cultivos, bosques, uceiras e xunqueiras, soutos e carballeiras.

Patrimonio histórico e artístico editar

A cabeza do concello, a vila de Castro de Rei, é conxunto histórico artístico desde 1971 e paraxe pintoresco.[2] Está situado nun outeiro que foi castro e despois fortaleza conservándose parte das murallas do castro e do castelo. O castelo databa do século XVI mais a súa torre caeu en 1941.[2] O brasón e o escudo do castelo pertencen á casa de Lemos e pódese ver o escudo intacto exposto a un lado da casa do concello.

Na parroquia de Ansemar hai megálitos e unha posible vila de época romana coñecida como Vila de Arcas.

Na parroquia da Azúmara está o Castro da Azúmara.

Na parroquia de Castro de Rei están como xa dixemos o castro de Castro de Rei, no lugar que hoxe ocupa a a capital do concello, e máis os restos do castelo de Castro de Rei, se ben do antigo castelo só se conserva a torre da homenaxe, obra da segunda metade do século XVI.

Na parroquia de Coea, no lugar dos Escouredos, descubriuse en 2020 unha vila romana[3].

Na parroquia de Duancos hai conxuntos de túmulos megalíticos.

Na parroquia de Duarría está o castro de Duarría.

Na parroquia de Loentia hai conxuntos de túmulos megalíticos e o castro de Loentia.

Na parroquia de Ribeiras de Lea hai varios megálitos.

Na parroquia de Santa Locaia hai unha necrópole megalítica e o castro da Escrita de Santa Locaia. Ademais nesta parroquia hai quen asegura que o monte que agora é o Sagrado Corazón é o Monte Medulio.

Na parroquia de Viladonga están o Castrelo de Viladonga e mais o castro de Viladonga, exemplo de castro de ocupación tardía, e que conta cun Museo monográfico no que se expoñen pezas da cultura castrexa atopadas no sitio arqueolóxico. Este castro é un bo exemplo dun castro rural que seguiu habitado en época romana. O museo creado en 1983 é unha boa mostra do traballo que se debe realizar para coñecer a vida durante esa época. A importancia arqueolóxica e o interese histórico do Castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas aquí desde 1972, e a necesidade de investigalos e expoñelos fan que as escavacións sigan a día de hoxe e a actualización do museo tamén.

A vila ten tamén dúas rutas de sendeirismo, unha que vai desde o castro de Viladonga ata o campo da Feira de Castro de Rei, e outra que é a ruta da escrita, onde nas paradas da ruta podemos ler poemas e escritos de autores da zona: Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Margarita Ledo, natural de Castro de Rei, entre moitos outros.

Irmandamentos editar

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.