Unha ave acuática é unha ave que vive en ou arredor de masas de auga. Nalgunhas definicións o termo aplícase especialmente ás aves de ecosistemas de auga doce, pero outras inclúen tamén as que habitan en ecosistemas mariños. Ás veces o termo ave mariña utilízase para designar as que prefiren o mar aberto.[1] Algunhas (por exemplo as aves limícolas) son máis terrestres, mentres que outras (por exemplo moitas anseriformes) son máis acuáticas, e as súas adaptacións varían dependendo do ambiente no que viven. Entre estas adaptacións están: pés palmados, peteiros e patas adaptados a alimentarse na auga, e a capacidade de mergullarse desde a superficie ou desde o aire para capturar presas no aire. Non obstante, non todas teñen todas estas adaptacións á vez; por exemplo, moitas limícolas e os merlos rieiros non teñen pés palmados.

Gansos e patos son dous tipos de aves acuáticas, que inclúen as aves mariñas, as aves costeiras, as anseriformes, e moitas outras.
Vídeo de gaivotas, patos e cisnes alimentándose no río Danubio en Viena (2014)

Algunhas aves de presa piscívoras, como as aguias peixeiras do xénero Pandion e as aguias mariñas do xénero Haliaeetus, cazan presas acuáticas pero non están na auga durante moito tempo e viven predominantemente en terra, polo que non se consideran aves acuáticas. O termo ave acuática tamén se usa en contextos de conservación para referirse a aves que habitan ou dependen de corpos de auga ou zonas húmidas. Exemplos deste uso aparecen en nomes de acordos internacionais ou de reservas naturais; por exemplo Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas (AEWA) e a Reserva de Aves Acuáticas de Wallnau.

Unha mobella de bico branco, unha ave mergulladora da orde Gaviiformes, nadando nun lago no norte de Alasca, Estados Unidos

Tipos editar

Algúns exemplos de aves acuáticas son:

Evolución editar

 
O Pelecanus occidentalis ten unha bolsa gular agrandada para alimentarse de bancos de pequenos peixes. Pertence á orde Pelecaniformes, que tamén contén as garzas, abetouros e ibis

A evolución das aves acuáticas está centrada nas adaptacións para mellorar as técnicas de alimentación. Isto afecta ás patas que están adaptadas a vadear ou nadar, con pés palmados. Moitas destas adaptacións son comúns en difrerentes tipos de aves acuáticas. Por exemplo, os flamingos e os patos teñen unha alimentación filtradora similar, e o peteirozapato ten unha estrutura similar á de moitas aves acuáticas.[2]

Algunhas aves acuáticas están tan adaptadas á natación que perderon a capacidade de voar, como os pingüíns. Outras viven a maior parte da súa vida no mar, pero voando e pescando e só van a terra a reproducirse, como os albatros.

A análise das secuencias de ADN, concretamente a secuenciación dos xenes mitocondriais, foron usados para clasificar e diferenciar as diversas aves acuáticas. Esta clasificación faise por análise de sinapomorfías aparentes relativas (RASA), que salienta certas ramas de xenes que clasifican os patos e aves de curral por exemplo, como un grupo externo (outgroup). Comparar e comprender estes padróns de xenes permite que se poidan clasificar as aves acuáticas.[2]

Extinción editar

 
O pato Anas superciliosa, un dos anatinos, alimentándose nunha zona húmida.

A perda de zonas húmidas ten un grande impacto nas aves acuáticas e pode orixinar a súa extinción nas rexións onde estas zonas desaparecen ou están contaminadas. Por exemplo, na China o 33% das zonas húmidas perdéronse entre 1978 e 2008, as cales eran o principal terreo de reprodución de moitas especies de aves acuáticas chinesas, como o Aythya baeri, que agora está en risco de extinción. A poboación desta especie diminuíu entre 150 e 700 aves en anos recentes debido aos impactos ambientais negativos no seu hábitat así como as actividades humanas como a caza e a pesca.[3] Esta perda de zonas húmidas na China débese ao aumento da urbanización e polución industrial.[3]

 
O ollodourado é un pato mergullador (Aythyini) que como peixes.

Notas editar

  1. João Carlos Farinha y Hélder Costa, Guia de Campo das Aves Aquáticas de Portugal. Lisboa: Instituto da Conservação da Natureza, 1999 (ISBN 972-8402-48-1)
  2. 2,0 2,1 Tuinen, Marcel; et al. (agosto de 2001). "Convergence and divergence in the evolution of aquatic birds". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 268 (1474): 1345–1350. PMC 1088747. PMID 11429133. doi:10.1098/rspb.2001.1679. 
  3. 3,0 3,1 Wu, Yi; Zhang, Wenwen; Yong, Fan; Zhou, Daqing; Cui, Peng (2020-08-21). "Waterbirds' coastal habitat in danger". Science (en inglés) 369 (6506): 928–929. Bibcode:2020Sci...369..928W. ISSN 0036-8075. PMID 32820117. doi:10.1126/science.abc9000.