Corpo de auga

acumulación significativa de auga

Un corpo de auga é unha masa ou extensión de auga, tal como un lago, mar ou océano que cobre parte da Terra. Algúns corpos de auga son artificiais, como os estanques, aínda que a maioría son naturais. Poden conter auga salgada ou doce.

Tipos de corpos de auga editar

 
Río Zambezi
 
Grandes Lagos, entre Canadá e Estados Unidos.
 
Imaxe satelital do Golfo de Venezuela, visto dende unha perspectiva Nor-Leste Sur-Oeste
  • Regato - unha corrente natural de auga que normalmente flúe con continuidade, pero que, a diferenza dun río, ten escaso caudal, que pode desaparecer durante o estío.
  • Baía - unha parte do océano ou mar, de pouca extensión, encerrado por puntas ou cabos de terra. Véxase Golfo.
  • Canle - vía artificial de auga feita polo ser humano.
  • Charca - unha pequena acumulación de auga algo máis abundante que un charco pero non suficiente como para conformar un lago.
  • Charco - unha pequena acumulación de auga sobre a superficie da Terra.
  • Conca hidrográfica - a porción de territorio drenada por un único sistema de drenaxe natural.
  • Delta - o territorio triangular formado na desembocadura dun río.
  • Desembocadura - a parte máis baixa dun río, é dicir, aquela sección do curso de auga onde verte as súas augas ao mar ou a un lago.
  • Encoro - unha extensión de auga formada no leito dun río ou regato cando, con algún medio físico, péchase parcialmente ou totalmente a súa canle.
  • Estanque - unha extensión de auga artificial construída para prover á rega, criar peixes etc. ou con fins soamente ornamentais.
  • Estreito - unha canle de auga que conecta dous lagos, mares ou océanos e, en consecuencia atópase entre dúas masas de terra.
  • Estuario - a parte máis ancha e profunda na desembocadura dos ríos, nos mares abertos ou nos océanos, naquelas áreas onde as mareas teñen maior amplitude ou oscilación.
  • Golfo - unha parte do océano ou mar, de grande extensión, situada entre dous cabos.
  • Zona húmida - unha zona de terras chas na que a superficie se atopa alagada permanente ou intermitentemente, ao cubrirse regularmente de auga, o chan satúrase, quedando desprovisto de osíxeno e dando lugar a un ecosistema híbrido entre os puramente acuáticos e os terrestres.
  • Lago - unha masa de auga doce ou salgada, máis ou menos extensa, que se atopa afastada do mar, e asociada xeralmente a unha orixe glaciar.
  • Lagoa - calquera extensión natural de auga estancada, sexa esta doce ou salgada.
  • Lamazal - unha acumulación de auga con fondo máis ou menos lamacento.
  • Mar - unha masa de auga salgada de tamaño inferior ao océano.
  • Marisma - un ecosistema húmido con plantas herbáceas que medran na auga.
  • Océano - a parte da superficie terrestre ocupada pola auga mariña.
  • Pantano - unha acumulación de auga cun fondo lameiro.
  • Paso - sinónimo de estreito.
  • Presa - o termo presa normalmente refírese ao muro que retén a auga, pero tamén pode referirse ao encoro, lago ou reserva de auga que se forma atrás do muro.
  • Porto - conxunto de obras, instalacións e servizos que proporcionan o espazo de augas tranquilas necesarias para a estancia segura dos buques.
  • Represa - sinónimo de presa.
  • Rambla - leito por onde circulan as augas de choiva cando caen copiosamente.
  • Riacho - sinónimo de regato.
  • Ría - unha das formas que pode formar a desembocadura dun río, formando un val costeiro mergullado ou estuario que foi alagado polo mar e por unha elevación do seu nivel.
  • Río - unha corrente natural de auga que flúe con continuidade. Posúe un caudal determinado e desemboca no mar, nun lago ou noutro río.

Véxase tamén editar