Pedro Theon

nobre galego do século IX

Pedro Theon, orixinalmente Petrus Theon, falecido despois de 867, foi un nobre galego, pai do primeiro conde portucalense Vímara Pérez.

Infotaula de personaPedro Theon
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia
Reino de Asturias Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FillosVímara Pérez, Hermenexildo Pérez Editar o valor em Wikidata
PaiVermudo I o Diácono Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A crónica Albeldense fala dun Pedro que en 859, mentres reinaba Ordoño I, derrotou aos viquingos en Galicia. Segundo o profesor Allen Mawer poderían ter sido os fillos de Ragnarr Lodbrok[1] (Hastein e Björn Ragnarsson) e que segundo relata a crónica os normandos ( Lordomani ) foron derrotados polo conde Pedro:

Ejus tempora Lordomani iterum venientes in Gallaeciae maritimis, a Petro comite interfecti sunt.[2]

Os viquingos atacaron as rías Altas e pola ría de Arousa chegaron á sede episcopal de Iria Flavia, que saquearon. Asentáronse aos arredores de Santiago de Compostela e asediárona. O conde Pedro enfrontouse con eles e destruíulles a meirande parte dos barcos. Os superviventes dirixíronse cara Al-Andalus.

Trala morte de Ordoño no 866, Pedro permaneceu fiel ao seu fillo e sucesor Afonso III fronte ao rebelde Froila Bermúdez, quen se proclamou rei en Oviedo no mesmos ano. Os condes galegos partidarios de Afonso conseguiron capturar ao usurpador e executárono.

Aparece como confirmante, xunto a Rodrigo de Castela, nun documento do 20 de xaneiro de 867 no que o rei Afonso III devolve a vila de Carcacía, que fora usurpada por Froila Bermúdez, á igrexa de Santiago de Compostela.[3]

Familia editar

Non se coñecen os devanceiros de Pedro, algunhas fontes din que puido ter sido o fillo de Vermudo I e Ozenda pero non hai probas ao respecto. Descoñécese con quen puido casar, pero normalmente adxudicanselle como fillos a:

  • Hermenexildo Pérez, nobre que se levantou contra Afonso III. A única proba que existe do parentesco é o apelido.

Notas editar

  1. Mawer, Allen (2015). The Vikings. Palala Press. ISBN 978-1343400498. 
  2. "Opera omnia, Chronicon Albeldense". archive.org. Consultado o 2023. 
  3. Martínez Díez, Gonzalo (2004). El Condado de Castilla (711-1038) La historia frente a la leyenda. Junta de Castilla y León. ISBN 9788495379948.