Vimara Pérez

conde de Portucale

Vimara Pérez, Vímara Peres ou Guímara Peres (orixinalmente Uimara Petri), nado na Coruña[1] contra o 820 e finado en Bama[2] no 873, foi un nobre galego, conde da Coruña. Conquistou Porto no ano 868.

Vimara Pérez
Estatua de Vimara Peres na cidade de Porto. Obra de Salvador Barata Feyo, en 1968.

Nacementoc. 820
A Coruña, Reino de Galicia
Falecemento873
Bama, Reino de Galicia
ProxenitoresPedro Theon

Traxectoria editar

Con importantes posesións no interior da Galicia actual, dirixiu o gran salto repoboador ata a liña do río Douro, sendo un dos responsábeis da repoboación da liña entre o Miño e o Douro e, auxiliado por cabaleiros da rexión, da acción de presura do burgo de Portucale (Porto), que foi así definitivamente conquistado aos musulmáns no ano de 868.

Atribúeselle a fundación dun pequeno burgo fortificado nas proximidades de Braga, Vimaranis, co nome derivado do seu propio nome e que, co correr do tempo, por evolución fonética, transformouse no moderno Guimarães.

Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio da antiga provincia romana de Gallaecia no Baixo Miño e no Bierzo, pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte foise esvaecendo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear.

Amparándose nunha teórica autorización do rei Afonso III o Magno, fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala.

Dirixiu, para estes efectos, o asentamento de colonos e o repartimento de terras, restaurou as institucións da Igrexa e consolidou unha nova fronteira despexándoa do perigo árabe.

Este labor permitiu o segundo gran salto a cargo doutro gran magnate galego Hermenexildo Gotérrez. Estes nobres seguiron vinculados á Galicia orixinaria da que non se desarraigan. En efecto, fortaleceron o seu poder na terra de Amaía, e amplas zonas lucenses. Os monarcas do Reino de Galicia cada vez serán máis dependentes deles.

Vimara faleceu en Bama en 873. O seu fillo, Lucidio Vimaranis (etimoloxicamente, "fillo de Vimara"), sucedeuno á fronte dos destinos das terras a sur do Miño, comezando a instituírse así unha dinastía condal que gobernaría a rexión até 1071.

Unha maxestosa estatua érguese a carón da catedral do Porto.

Vimara Pérez
Nacemento: ca. 820 Falecemento: 873


Aristocracia galega
Precedido por
Novo Título


Conde de Portucale
868 – 873
Sucedido  por
Lucidio Vimaranis

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar