Pedro Álvarez de Toledo y Leiva

Pedro (Álvarez) de Toledo y Leiva, nado en Úbeda en 1585 e finado en Mancera de Abajo (Salamanca) o 9 de marzo de 1654, foi un nobre, político e militar español.

Infotaula de personaPedro Álvarez de Toledo y Leiva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1585 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Morte9 de marzo de 1654 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Madrid Editar o valor em Wikidata
Vice-rei do Peru (pt) Traducir
1639 – 1648
← Luis Jerónimo de Cabrera (pt) TraducirGarcía Sarmiento de Soutomaior → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaCastelán medio Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaHouse of Álvarez de Toledo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosFrancisca de Toledo y Osorio (pt) Traducir, Antonio Sebastián de Toledo, 2nd Marquis of Mancera (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Primiros anos editar

Fillo de Luis de Toledo y Rojas, IV señor de Mancera y Cinco Villas, comendador de Alange na Orde de Santiago, capitán dunha compañía de Gardas Vellas, e da súa segunda esposa, Isabel de Leiva y Mendoza, filla dos señores de Leiva, Ameyuga y Bozo, desde moi novo serviu a bordo das galeras, e con 15 anos xa estaba combatendo en Italia (1600) e, un ano despois na campaña de Alxer baixo o mando do príncipe Andrea Doria. Ao mando de cinco galeras participou na defensa do estreito de Xibraltar (1607), atacado polos mouros. Despois exerceu cargos de goberno: como membro do Consello colateral de Nápoles durante o vicerreinado de Antonio Zapata e Cisneros, e chegou a ser Tenente xeneral das galeras de Sicilia (1622).[1]

Trasladado á corte, recibiu o título de Marqués de Mancera (17 de xullo de 1623) e pasou a integrar o Consello de Guerra. O 4 de agosto de 1631 foi nomeado Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia, cargo que ocupou até 1637. A súa xestión mereceu os eloxios da Xunta do Reino de Galicia que, o 15 de abril de 1637 solicitaba a Filipe IV que "no removiera del oficio de Capitán general y gobernador deste Reino al señor Marqués de Mancera pues dello se le sigue grande servicio y utilidad a sus vasallos". O rei atendeu a petición, pero o marqués acabou enfrontándose, a causa do programa de fortificacións, cos corrixidores da Coruña, aos que ordenou deter o 19 de novembro de 1638.[2]

Vicerrei do Perú editar

Posteriormente foi nomeado Gobernador de Orán e, finalmente, o 24 de febreiro de 1638 recibiu o cargo de Vicerrei do Perú; despois de gastar máis dun ano nos preparativos da viaxe, saíu de Cádiz o 20 de maio de 1639, tomando posesión do cargo o 18 de decembro de 1639, entregándoo a García Sarmiento de Soutomaior, II conde de Salvaterra, o 20 de setembro de 1648, de modo que rexeu os destinos do Perú durante oito anos, nove meses e dous días.

Ante as frecuentes incursións dos piratas, e aconsellado pola súa experiencia militar, dispuxo a fortificación do Callao (1640) mandando levantar unha muralla de 4 km de longo, a erección de fortalezas en Arica e Valdivia e aínda a defensa de Buenos Aires.

Favorábel á conservación, bo tratamento e alivio dos indios, recoñeceu que estes tiñan por inimigos corrixidores, curas e caciques, atentos a enriquecerse co seu suor", e que ningunha preocupación mostraban por obedecer as providencias ditadas para amparalos. De volta na corte, retirouse ao seu palacio de Mancera, onde morreu o 9 de marzo de 1654.

Notas editar

  1. Virreyes de Nápoles, de José Raneo con anotaciones de Eustaquio Fernández Navarrete, págs. 408-417, incluido en la "Colección de documentos inéditos para la historia de España", vol. XXIII.
  2. "Pedro II de Toledo y Leiva (1585-1654), I conde de Mancera". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2010. Consultado o 11 de abril de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Juan Fajardo de Guevara Córdoba y Velasco
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia
1631 - 1638
Sucesor:
Francisco de Andía Irarrazábal y Zárate
Predecesor:
?
Vicerrei do Perú
1638 - 1648
Sucesor:
García Sarmiento de Soutomaior