García Sarmiento de Sotomayor

militar galego

Don García Sarmiento de Sotomaior, Marqués de Sobreso e 2º Conde de Salvaterra , nado na Cañiza en 1595 e finado o 26 de xuño de 1659 en Lima, foi un galego vicerrei de Nova España, dende o 23 de novembro de 1642 ao 13 de maio de 1648, e do Perú, dende 1648 ata 1655.

García Sarmiento de Sotomayor
II Conde de Salvaterra
Marqués de Sobroso
Cabaleiro de Alcántara
Vicerrei da Nova España
23 de novembro de 1642 - 13 de maio de 1648
PredecesorJuan de Palafox
SucesorMarcos de Torres
Vicerrei do Perú
20 de setembro de 1648 - febreiro de 1655
PredecesorPedro Álvarez de Toledo y Leiva
SucesorLuis Enríquez de Guzmán

Nacemento1595
A Cañiza
Falecemento26 de abril de 1659
Lima, Perú
PredecesorDiego Sarmiento de Sotomayor
SucesorDiego Sarmiento de Sotomayor y Luna
Cónxuxe/sSolteiro
ProxenitoresDon Diego de Sarmiento

Na rede
WikiTree: Sarmiento_de_Sotomayor-2

Traxectoria editar

García Sarmiento de Sotomaior naceu na Cañiza na última década do Século XVI. Foi descendente de Don Diego de Sarmiento, un comendador da Orde de Alcántara.

Cando o vicerrei da Nova España Don Diego López Pacheco Cabrera y Bobadilla foi sospeitoso de relacionarse cos rebeldes portugueses, o rei Filipe IV nomeou a Sarmiento de Sotomaior no seu lugar. A López Pacheco destituíuno o bispo Don Juan de Palafox y Mendoza antes da chegada do novo vicerrei. Palafox ocupou o vicerreinado só uns poucos meses, ata a chegada de Sarmiento. Este chegou á Cidade de México o 23 de novembro de 1642, e tomou posesión do cargo. Atopouse cunha colonia tranquila, en contraste cos disturbios en moitas outras partes do Imperio Español.

Como os anteriores vicerreis, enfrontouse en pouco tempo a grandes inundacións na cidade (1645). O Canal de Nochistongo estaba obstruido, o que provocou que a auga do Lago Zumpango se xuntara coa do Lago México, incrementando o seu nivel e inundando partes da cidade. O vicerrei ordenou limpar o canal, o que eliminou o perigo para a cidade.

 

O vicerrei enviou unha expedición (1648) para explorar, conquistar e colonizar as Californias, pero a expedición volveu sen atopar terras de interese. Sarmiento fundou tamén as cidades de Salvatierra, Guanajuato, e fundou o cárcere de Cerro Gordo, no camiño que une a Cidade de México coas minas de Parral. Firmou a paz con varias tribos indias na fronteira norte, e reprimiu as revelións doutras. Celebrou autos de fe en 1647 e 1648. O famoso estafador mexicano Martín Garatuza foi un dos castigados en 1648.

Como vicerrei do Perú editar

Traballou como vicerrei do Perú dende 1648 ata 1655, permaneceu alí en 1659.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • "Sarmiento de Sotomayor, García," Enciclopedia de México, v. 12. Cidade de México, 1988 (en castelán).
  • García Puron, Manuel, México y sus gobernantes, v. 1. Cidade de México: Joaquín Porrua, 1984 (en castelán).
  • Orozco Linares, Fernando, Gobernantes de México. Cidade de México: Panorama Editorial, 1985, ISBN 968-38-0260-5 (en castelán).