Pazo dos Duques de Braganza

pazo en Guimarães

O Pazo dos Duques de Braganza (en portugués: Paço dos Duques de Bragança ou simplemente Paço dos Duques) é unha pazo construído no século XV, en Oliveira do Castelo, Guimarães, por Afonso I, duque de Braganza para a súa amante, para teren unha residencia luxuosa para os dous cando este fose rei. O estilo borgoñón deste palacio reflecte os seus gustos, adquiridos nas viaxes por Europa, aínda que o aspecto actual foi recreado, de forma polémica, durante o Estado Novo (a II República portuguesa de Salazar no século XX).

Pazo dos Duques de Braganza
ConcelloGuimarães
ProvinciaDistrito de Braga
Comunidade[[Norte de Portugal Portugal Portugal]]
Coordenadas41°26′48″N 8°17′28″O / 41.44659, -8.29121Coordenadas: 41°26′48″N 8°17′28″O / 41.44659, -8.29121
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XV)
Estilo actualBorgoñón (século XIX)
Estado actualromanticista
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Patio central

Foi erguido no século XV por iniciativa de Afonso I de Braganza, moi preto do castelo medieval de Guimarães de . De estilo borgoñón, ficou desocupado e en ruínas cando os duques se mudaron para o Pazo Ducal de Vila Viçosa, en Évora, período no que o edificio foi perdendo aos poucos a súa forma orixinal que, actualmente, permanece ignorada.

En 1933, durante o o goberno de António de Oliveira Salazar, foi transformado en residencia oficial do presidente, após unha campaña de restauración polémica.

Características editar

Algunhas salas no seu interior compoñen un museo, onde destacan tapetes persas, tapices flamengos (con temática sobre as conquistas portuguesas no Norte de África) e pinturas, como o Cordeiro Pascal de Josefa de Óbidos ou o retrato de Catarina de Braganza.

En homenaxe ás proezas marítimas dos portugueses, o teito da sala de banquetes reproduce o casco virado dunha carabela.

No primeiro semestre de 2015 tivo 137.402 visitantes[1].

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar