Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra
Coordenadas: 42°26′12″N 8°38′30″O / 42.43666667, -8.64166667
O Pavillón Municipal dos Deportes é un recinto deportivo cuberto da cidade de Pontevedra, cunha capacidade de 4.000 persoas. É usado como feudo local polos equipos do Teucro de balonmán e o Leis de fútbol sala, ademais do CB Ciudad de Pontevedra de baloncesto.
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra | |
---|---|
Fachada do pavillón | |
Datos | |
Localización | Rúa Juan Manuel Pintos, s/n |
Construción | |
Inauguración | 1968 |
Arquitecto | Alejandro de la Sota |
Estadio | |
Capacidade | 4.000 |
Propietario | Concello de Pontevedra |
Eventos | |
Balonmán, fútbol sala, baloncesto |
Historia editar
O pavillón foi deseñado por Alejandro de la Sota en 1964.[1][2] As obras comezaron en 1965.[3] Foi inaugurado o 13 de xullo de 1968 por Juan Antonio Samaranch[4], delegado nacional de Educación Física e Deportes. Un mes despois, durante as festas da Virxe Peregrina, celebrouse nel un concerto de Los Bravos, Los Silver Stones, Los Dobles e Karina xunto con Los Pekes.[5] O pavillón entrou en funcionamento en 1969. A primeira gran competición celebrada foi a Copa Latina de Balonmán en marzo de 1969[4].
Desde a súa inauguración, o Pavillón dos Deportes acolleu concertos e diversos espectáculos, así como importantes eventos deportivos como o Campionato Mundial de Balonmán Junior en 1987 ou a Copa do Rei de Balonmán en 2005.[4]
En 2022 presentouse un proxecto de mellora financiado polo Consello Superior de Deportes coa substitución do terreo de xogo, a pavimentación do perímetro do edificio, a rectificación das ramplas de acceso, así como a reforma da varanda exterior e dos marcadores electrónicos de resultados e tempos.[1] Ademais, instalaranse paneis solares no tellado para xerar enerxía para o autoabastecemento.[6].
O pavillón tamén recuperará o deseño orixinal de Alejandro de la Sota, substituíndo a cuberta engadida en 1986 por unha similar á deseñada polo arquitecto.[3].
Descrición editar
Trátase dun exemplo destacado da arquitectura española contemporánea. Alejandro de la Sota deseñou o interior do edificio como unha caixa asolagada de luz, cunha estrutura elegante e delicada, que crea un efecto de ingravidez da malla espacial da cuberta. O tellado está sostido por ménsulas, equilibrado como unha balanza. Ten unha superficie plana e translúcida, como un biolo. O Concello de Pontevedra encargou en 2016 a renovación da cuberta do pavillón para recuperar o aspecto orixinal do interior, que fora modificado en 1986.[7].
Todo o conxunto estaba recuberto de finos paneis, que formaban o volume exterior do edificio. A fachada está formada por grandes paneis prefabricados de formigón armado montados in situ cun grosor mínimo. O edificio mostra unha gran sutileza no deseño da armazón e dos pequenos elementos construtivos como ramplas, varandas e peitorís.
O edificio ten unha estrutura de formigón armado e catro torres laterais con escaleiras ata a parte superior.[4]. A fachada de formigón prefabricado ten un característico acabado de garavanciño.[8].
Galería de imaxes editar
-
Fachada
-
Nova cuberta translúcida como a de 1968.
-
Interior du pavillón en 2018.
-
Partido de fútbol sala en 2018.
-
Portería
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "La renovación de la pista del Pavillón Municipal recibe fondos estatales". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de setembro de 2022.
- ↑ López Torre, R. (2015). "El Pabellón de los Deportes". Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968). Concello de Pontevedra, Faro de Vigo. pp. 272–276.
- ↑ 3,0 3,1 "El pabellón municipal recuperará su diseño original 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Una joya forjada como un pabellón". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de novembro de 2022.
- ↑ "Cuando los Bravos incendiaron el Pabellón La música pop fue la gran protagonista de las fiestas de la Peregrina de 1968, con una programación que causó furor entre las fans y los ye-yes de aquel tiempo". Faro (en castelán). 24 de agosto de 2014.
- ↑ "Histórica reforma para el Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de outubro de 2022.
- ↑ "El pabellón municipal recuperará su diseño original 30 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "El Pabellón Municipal generará su propia energía con paneles solares". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de outubro de 2022.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra |
Bibliografía editar
- Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto (en castelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 10r. ISBN 978-8403509344.
- López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).
- VV.AA.: Arquitectura Moderna en Asturias, Galicia, Castilla y León. Ortodoxia, Márgenes y Transgresiones (1998), C.García Braña y F. Agrasar Quiroga Ed. ISBN 84-85665-31-7