Los Bravos é un grupo español de música rock de grande importancia no panorama musical dos anos 60 en España. Trátase dun dos poucos grupos de rock do estado que tivo repercusión internacional, grazas sobre todo ao seu grande éxito "Black Is Black" (1966).

Historia e características editar

A boa pronuncia en lingua inglesa do carismático cantante, o alemán Michael Volker Kogel (dende a súa separación de Los Bravos en 1969 coñecido como Mike Kennedy), foi unha das principais bazas coas que contou o grupo á hora de "exportar" as súas cancións, así como a presenza escénica e a poderosa voz deste.

Membros orixinais editar

  • Michael Kogel, voz.
  • Antonio Martínez, “Tony”, guitarra eléctrica.
  • Manolo Fernández, teclados.
  • Miguel Vicens, baixo.
  • Pablo Sanllehí, batería.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar