Paulina Chiziane

escritora mozambicana


Paulina Chiziane, nada en Manjacaze (provincia de Gaza) o 4 de xuño de 1955, é unha escritora mozambicana[1] que foi Premio Camões en 2021.

Infotaula de personaPaulina Chiziane

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Manjacaze (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMozambique Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Eduardo Mondlane Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, Língua ronga (pt) Traducir e Língua chope (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Paulina Chiziane creceu nos suburbios da cidade de Maputo, anteriormente chamada "Lourenço Marques". Naceu nunha familia protestante en que se falaban as linguas chope e ronga, e aprendeu a lingua portuguesa na escola dunha misión católica. Comezou estudos de Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane, mais non chegou a rematalos.

Participou activamente na política de Mozambique como militante da Frelimo (Frente de Libertação de Moçambique), durante a xuventude.[2] Porén, sentiuse desilusionada coa directiva do partido despois da independencia do país. En particular, ficou defraudada pola política filooccidental e as ambivalencias ideolóxicas internas do partido. Outros motivos foron os posicionamentos respecto ás políticas de mono e poligamia, a economía política, vencellada ao marxismo-leninismo, e a hipocrisía, ao seu entender, en relación coa liberdade económica da muller.

Tras apartarse da política, iniciou a súa actividade literaria en 1984, con contos publicados na prensa. A súa escrita foi xerando polémicas sobre asuntos como a práctica da poligamia no país. Co seu primeiro libro, Balada de amor ao vento (1990), converteuse na primeira muller en publicar unha novela no seu país.[3] A obra fala da poligamia no sur de Mozambique durante o período colonial. Debido á súa participación activa na Frelimo, a súa narrativa reflicte o malestar social dun país devastado pola guerra de liberación e os conflitos civís posteriores á independencia.

En 2003, a súa novela Niketche: uma história de poligamia gañou o Premio José Craveirinha.[4]

En 2016 anunciou que deixaba a escrita, esgotada polas loitas que afrontara ao longo da súa carreira.[5] Vive e traballa na provincia da Zambézia.

Obras editar

Novela editar

  • Balada de Amor ao Vento:
    • 1.ª ed. 1990.
    • Lisboa: Caminho, 2003. ISBN 9789722115575.
  • Ventos do Apocalipse:
    • Maputo: ed. do autor, 1993.
    • Lisboa: Caminho, 1999. ISBN 9789722112628.
  • O Sétimo Juramento (2000). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722113298.
  • Niketche: Uma História de Poligamia:
    • Lisboa: Caminho, 2002. ISBN 9789722114769.
    • São Paulo: Companhia das Letras, 2004.
    • Maputo: Ndjira, 2009, 6ª ed.. ISBN 9789024796281.
  • O Alegre Canto da Perdiz (2008). Lisboa: Caminho. ISBN 9789722119764.
  • As Andorinhas (2009). Indico Editores.
  • Na mão de Deus (2013).
  • Por Quem Vibram os Tambores do Além (2013). Con Rasta Pita
  • Ngoma Yethu: O curandeiro e o Novo Testamento (2015).
  • O Canto dos Escravizados (2017).

Outras obras editar

  • Eu, mulher... por uma nova visão do mundo (1994)[6]

Premios e recoñecementos editar

  • Premio José Craveirinha 2003, por Niketche: uma história de poligamia
  • XXXIII Premio Camões en 2021.[7]

Notas editar

  1. "O ato de colonizar está nas mentes". Revista Bastião. Consultado o 1 de setembro de 2014. 
  2. Martins, 2006.
  3. Perdigao, Y. P. (22 de decembro de 2015). "Say What! Where are all the black writers from Portuguese Africa?". Afrikult. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  4. Fitzpatrick, M. (2007). Mozambique. Lonely Planet. pp. 34–35. 
  5. Remédios, J. M. (11 de xullo de 2016). "Paulina Chiziane: "Não volto a escrever. Basta!"". Geledes Instituto da Mulher Negra. Consultado o 19 de decembro de 2018. 
  6. Chiziane, P. (2013). "[Testemunho] Eu, mulher... Por uma nova visão do mundo". Abril, Revista do Núcleo de Estudos de Literatura Portuguesa e Africana da UFF, v. 5, n.10 (2013). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  7. Diario, Nós. "A autora mozambicana Paulina Chiziane resulta galardoada co premio Camões". Nós Diario. Consultado o 2021-10-22. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar