Paul Davis

baloncestista estadounidense

Paul Davis, nado o 21 de xullo de 1984 en Rochester, Míchigan, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 2,11 metros xogaba nas posicións de ala-pivote e de pivote.

Paul Davis
Información persoal
Nacemento 21 de xullo de 1984 (39 anos)
Michigan Rochester, Míchigan
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 122 kg (270 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Instituto Rochester (Míchigan)
Universidade Michigan State (2002–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Los Angeles Clippers
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Los Angeles Clippers (2006–2009)
Washington Wizards (2009)
Maine Red Claws (2009–2010)
Obradoiro (2010)
Sevilla (2010–2012)
Khimki (2012–2016)

Traxectoria editar

NBA editar

O 28 de xuño de 2006, Davis foi seleccionado na 34ª posición polos Los Angeles Clippers no Draft da NBA de 2006. Tras dúas tempadas nos Clippers, converteuse en axente libre restrinxido ó remate da tempada 2007-08. Clippers renunciou ós seus dereitos, pero o ficharon de novo o 18 de agosto de 2008.[1] Foi cortado polos Clippers en xaneiro de 2009.[2][3]

O 25 de setembro de 2009, Davis asinou cos Washington Wizards. Foi cortado o 11 de novembro de 2009, cando os Wizards ficharon ó base Earl Boykins.[4]

Europa editar

O 8 de abril de 2010, Davis fichou polo Xacobeo Blu:Sens ata final de tempada.[5] Contribuíu con 13.2 puntos e 7.7 rebotes por partido, pero o Obradoiro acabaría descendendo á Liga LEB Ouro tras unha tempada na ACB.

En setembro de 2010, fichou polo CB Sevilla.[6] Na súa segunda tempada en Sevilla, disputou por primeira vez os playoffs da ACB, nos que o Cajasol Banca Cívica perdeu na primeira rolda contra o Real Madrid por 2-0. Davis acadou 6.5 puntos e 6 rebotes por partido en playoffs.

Tras dúas tempadas en Sevilla, en maio de 2012 fichou polo BC Khimki ruso.[7]

Estatísticas editar

NBA editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2006-07 L.A. Clippers 31 5.8 .423 .000 .700 1.4 0.2 0.2 0.2 1.6
2007-08 L.A. Clippers 22 8.8 .369 .000 .600 2.1 0.5 0.3 0.3 2.5
2008-09 L.A. Clippers 27 11.9 .408 .000 .794 2.5 0.4 0.4 0.1 4.0
2009-10 Washington 2 4.0 .500 .000 .500 0.0 1.5 0.0 0.5 2.5
Total 82 8.6 .402 .000 .732 1.9 0.4 0.3 0.2 2.6

ACB editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2009-10 Obradoiro 6 24.0 .470 1.000 .830 7.7 1.3 1.3 0.8 13.2
2010-11 Sevilla 33 20.0 .540 .000 .750 5.3 0.6 1.5 0.5 13.2
2011-12 Sevilla 29 22.0 .550 .000 .760 7.4 1.4 1.1 0.4 14.6
Total 68 22.0 .520 .333 .780 6.8 1.1 1.3 0.6 13.7

Euroliga editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2012-13 Khimki 23 19.6 .605 1.000 .855 5.5 1.3 0.9 1.0 13.4
Total 23 19.6 .605 1.000 .855 5.5 1.3 0.9 1.0 13.4

Notas editar

  1. "Clippers Sign Paul Davis". NBA.com. Consultado o 2008-08-18. 
  2. Clippers Waive Paul Davis and Fred Jones
  3. Dillman, Lisa (6 de xaneiro de 2009). "Clippers waive Fred Jones, Paul Davis; Cheikh Samb checks in". Los Angeles Times. Consultado o 2009-01-29. 
  4. Wizards sign guard Boykins
  5. "O Xacobeo Blu:sens ficha ao americano Paul Davis". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  6. "Cajasol Seville signed Paul Davis". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2010. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  7. BC Khimki adds Paul Davis

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar