Parque empresarial da Laracha

parque empresarial na Laracha

O parque empresarial da Laracha é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada na parroquia de Lendo, no concello da Laracha, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico.

Parque empresarial da Laracha
Factoría de Cerámicas Epifanio Campo, que quedou incluída dentro do ámbito do parque empresarial.
Tipoparque empresarial
EnLendo
PaísGalicia
43°15′38″N 8°36′47″O / 43.260416666667, -8.6131944444444
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A infraestrutura foi proxectada dentro do "Plano Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia", aprobado definitivamente o 27 de maio de 2004. En xuño de 2008 recibiu o visto e prace da Consellaría de Medio Ambiente.[1] A súa urbanización haberíase conformar en torno a dúas factorías preexistentes: a siderúrxica Celsa Atlantic e a cerámica Epifanio Campo.

Finalmente foi inaugurado a comezos do ano 2012 polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e a daquela ministra de Fomento Ana Pastor Julián[2].

A finais de maio de 2017 a empresa téxtil Inditex anunciou un investimento de 57 millóns de euros para a adquisición de terreos e construción dunha nova plataforma loxística no polígono.[3] Inditex mercou 26 parcelas, uns 218 000 m², para construír unha plataforma loxística para a recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios.[4]

Características editar

  • Superficie bruta: 825 249 m²
  • Superficie neta: 537 925 m²
  • Edificabilidade industrial: 326 199 m²
  • Edificabilidade terciario-mixto: 240 865 m²
  • Edificabilidade total: 567 064 m²

Accesos editar

  • AG-55: saída 22 AC-552 - Laracha
  • AC-552: rotonda en Cancelo de Abaixo dirección P. E. A Laracha

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar