AG-55

autoestrada/autovía autonómica galega da Coruña (AC-552) ata Vimianzo (AC-432)

A AG-55 ou Autoestrada da Costa da Morte, é unha vía de alta capacidade dependente da Xunta de Galicia. Une A Coruña con Baio e serve como alternativa á AC-552, coa cal está conectada nos máis dos casos ao longo do seu percorrido, incluídas as localidades extremas. A AG-55 ten peaxe directa desde A Coruña até Carballo leste e peaxe na sombra no resto dos tramos até Santa Irena.

AG-55
Autoestrada da Costa da Morte
TipoloxíaAutoestrada de peaxe / peaxe na sombra
RedeRede de estradas de Galicia
ConcesionarioAutoestradas de Galicia (Itínere)
Lonxitude62,5 km
Localización
Inicio AC-552  A Coruña
Fin VG-1.5  Baio
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

Historia editar

O primeiro tramo da AG-55, A Coruña-A Laracha, foi inaugurado o 26 de setembro do 1993[1] e o segundo, A Laracha-Carballo, o 30 de decembro de 1997[2]; por último, o 29 de xullo do 2016, inaugurouse o tramo entre Carballo e Baio, tras uns 13 anos da espera.[3][4] Desde esa data queda pendente a continuación das obras, paradas desde 2010 do último tramo: Baio-Berdoias.

Na inauguración do tramo Carballo-Baio[5] anunciouse a contratación do proxecto construtivo, soamente para un pequeno tramo de 5,5 quilómetros de Baio a Vimianzo, contando co enlace da estrada AC-432 a Camariñas. A inauguración sería en breve, en 2016, para asegurar que poida abrir "aos poucos" e poder completar a vía de alta capacidade até Berdoias e proxectar un novo corredor de Berdoias a Cee.

Actualmente está en proxecto, tras a paralización das obras en 2010, o tramo Baio-Berdoias, uns 15 quilómetros do traxecto, co que se completarían uns -aproximadamente- 77 quilómetros de vía de alta capacidade de 2 carrís por sentido. A partir de Berdoias, está proxectada unha vía de altas prestacións que poida enlazar Cee e Fisterra, e que enlazaría coa AC-552 e o corredor de Lobelos a Sardiñeiro de Abaixo, VG-1.4, e a AC-552 e desde alí, enlazará a estrada a Fisterra, AC-445.

Peaxes editar

Púxose en servizo como autoestrada de peaxe en sombra, sen cabinas de peaxes entre A Coruña e A Laracha. Trala inauguración do segundo tramo, A Laracha-Carballo, instaláronse as cabinas de peaxe o 31 de decembro do 1997. Logo diso, habería numerosas protestas e manifestacións en contra da instalación das cabinas, a pedir a liberalización das peaxes en toda a AG-55.[6] Nos anos seguintes continuaron as protestas, especialmente na peaxe de Arteixo pola polémica do novo acceso ao porto exterior de Langosteira, a AC-15, e que pedían a liberalización desta peaxe.

A Autoestrada da Costa da Morte ten un contrato cunha concesionaria até o ano 2045. O Grupo Itínere[7] é o encargado da concesión do tramo A Coruña-Carballo (32,6 quilómetros).

Tramos editar

Denominación Tramo Quilómetros Ano de entrada en servizo
 AG-55   Avenida de Arteixo da Coruña - A Laracha 20 1993[1]
 AG-55  A Laracha - Carballo 12,5 1997[2]
 AG-55  Carballo - Baio 27,55 2016[3][4]
 AG-55  Baio -  AC-432 Vimianzo 5,5 Pendente a continuación das obras en 2016[5]
 AG-55   AC-432 Vimianzo -  AC-552 Berdoias 9,5 Obras paradas desde 2010 (pendente da continuación das obras)

Saídas editar

Velocidade Esquema Saída Sentido Baio (AC-552) Carrís Sentido Avenida de Arteixo (A Coruña) Estrada Notas
 
 
 
Comezo da Autoestrada de peaxe
da Costa da Morte
 AG-55 
 
Procede de:
 Avenida de Arteixo 
 
 
Fin da Autoestrada de peaxe
da Costa da Morte
 AG-55  
Incorporación final:
 Avenida de Arteixo  
Dirección final:
  Centro cidade
 Avenida de Arteixo 
 Polígono Agrela - Bens  

   Porto 

 
 
 
  3
Arteixo
Carballo
 
Arteixo
  AC-552  
 
 
  5
   porto exterior da Coruña 
 
    AC-15  
 
 
Peaxe da Coruña-Arteixo
 
Peaxe da Coruña-Arteixo
 
 
 
  5
 
   porto exterior da Coruña 
    AC-15  
 
 
  8
 Arteixo 
 Vila Termal 

Lugo-Madrid
Arteixo
 Polígono de Sabón 
 
 Arteixo 

 Vila Termal 
Lugo-Madrid
Arteixo
 Polígono de Sabón 



 A-6 
 AC-551  

 
 
 
 
Peaxe de Arteixo
 
 
 
 
    
Área de servizo de Paiosaco
 
    
Área de servizo de Paiosaco
 
 
  17
Paiosaco
 
Paiosaco
  AC-552  
 
 
  22
Laracha
 
Laracha
  AC-552  
 
 
Peaxe de Carballo
 
 
 
 
  29
Carballo Leste
parque industrial 
 
Carballo Leste
parque industrial 
  AC-552  
 
 
  33
Carballo Norte
Malpica
 
Carballo Norte
Malpica
  AC-414  
 
 
  35
Coristanco
Carballo Oeste
 
Coristanco
Carballo Oeste
  AC-552  
 
 
  40
Coristanco
 
Coristanco
  AC-552  
 
 
  45
Agualada
 
Agualada
  AC-552  
 
 
  49
Rempenín
 
Rempenín
  AC-552  
 
 
  53
A Piolla

Zas

Santa Comba
 
A Piolla

Zas

Santa Comba
  AC-552  
 
 
  58
Baio Leste
 
Baio Leste
  AC-552  
 
 
  60
Baio Norte
Ponteceso
 
Baio Norte
Ponteceso
  AC-430  
 
 
  
Incorporación a Vía de Altas Prestacións Baio - Santa Irena  VG-1.5  Dirección final a:  AC-552  Vimianzo - Fisterra
 
Incorporación á autovía

 AG-55 

Dirección a:

 AG-55  Baio - Carballo - A Coruña

 
 
 
 
Fin da Vía de Altas Prestacións

Baio - Santa Irena  VG-1.5  Dirección final:  AC-552  Baio

Bamiro  Ruta dos Dolmens   AC-552  Vimianzo
 
Inicio da Vía de Altas Prestacións Baio - Santa Irena  VG-1.5  Procede de:  AC-552  Santa Irena
 
Obras en proxecto
Tramo: Baio-Berdoias
 
Obras en proxecto
Tramo: Baio-Berdoias
 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Inauguración do treito A Coruña-A Laracha da autoestrada A-55". CRTVG. 2014-11-21. Consultado o 2017-08-07. 
  2. 2,0 2,1 "Inauguración do treito A Laracha-Carballo da autoestrada AG-55". CRTVG. 2014-12-23. Consultado o 2017-08-07. 
  3. 3,0 3,1 "Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte". Que pasa na costa. 2016-07-29. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-07. 
  4. 4,0 4,1 "Abre ao tráfico a autovía da Costa da Morte". www.crtvg.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2017. Consultado o 2017-08-07. 
  5. 5,0 5,1 Toni Longueira (2016-07-30). "La autovía de la Costa da Morte se ampliará 5,5 kilómetros hasta Vimianzo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-07. 
  6. A. P. - La Opinión A Coruña (15-01-2014). "La autopista que nació sin peaje". Consultado o 07-08-2017. 
  7. S.A., Sarenet. "Autoestradas de Galicia AG-55". www.grupoitinere.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2016. Consultado o 2017-08-07.