Países da Bretaña

Os países da Bretaña (en lingua bretoa Broioù kozh Breizh) son as subdivisións tradicionais da Bretaña histórica. Trátase dunha estrutura complexa porque os territorios que a compoñen teñen evolucionado e cambiado ó longo da historia. Distínguense dous niveis de país: os países históricos e os países tradicionais. Dende 1999 e a aprobación da lei de orientación pola xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT), tamén se pode engadir o país « Loi Voynet », aínda que agora so ten un carácter administrativo.

Historia editar

Antes de 1789, a Bretaña foi de xeito simultáneo unha provincia, unha généralité, unha intendencia, unha parte da provincia eclesiástica de Tours, etc. Estas entidades tiñan á súa vez diversas divisións administrativas: os presidios, as senescalías (división xudicial, de 26 a 40 segundo as épocas), as dioceses (división relixiosa, 7 despois 9) etc. Todas estas subdivisións desapareceron trala Revolución Francesa e foron substituídas por unha nova división administrativa única, o departamento.

Países históricos editar

 
Mapa dos nove países históricos da Bretaña (nomes en francés).

Os países históricos ou provincias (en bretón bro, en plural broioù) a miúdo son asimilados ós antigos bispados, mais nalgúns fanse lixeiras distincións.[1] As fronteiras dos bispados foran reorganizadas a fin de axeitalos ós novos límites departamentais o 29 de novembro de 1801. Os broioù son nove:[2]

Países tradicionais editar

 
Mapa dos países tradicionais da Bretaña (nomes en francés).

Os países tradicionais (en bretón paou, en plural peier ou broig, en plural broioùigoù), son subdivisións dos países históricos, aínda que non teñen uns límites fixados. Tamén tiveron funcións diversas ó longo da historia: algúns tiveron un papel administrativo mentres que outros son esencialmente territorios identitarios.[3]

País "Loi Voynet" editar

Os países de xestión do territorio, ou países «Loi Voynet» foron creados pola lei de dirección da xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT) de 25 de xuño de 1999. Excepto Naoned e Sant-Nazer, que se atopan no departamento do Loira Atlántico e non pertence á actual rexión da Bretaña, todas as cidades importantes da Bretaña son base dun país. Hai 26,[4] das que 21 atópanse na rexión actual da Bretaña.

Outros editar

Hai outras subdivisións territoriais que levan ou levaron a designación de "país". Por exemplo, ademais de ser un país "Loi Voynet", o país de Morlaix ten a etiqueta de País de Arte e de Historia.

Notas editar

  1. « Algúns dos bispados non coinciden exactamente cun bro» Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 98
  2. Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 98
  3. Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 100
  4. Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 108

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar