Odoo (coñecido anteriormente como OpenERP e con anterioridade como TinyERP) é un software de ERP integrado. Conta cunha versión "comunitaria" de código aberto baixo licenza LGPLv3 e unha versión "empresarial" baixo licenza comercial, que complementa a edición comunitaria con características e servizos comerciais. Está desenvolta pola empresa belga Odoo S.A.

Odoo
Repositoriogithub.com/odoo/odoo
Sitio webwww.odoo.com

O fabricante declara o seu produto como unha alternativa de código aberto a SAP ERP e Microsoft Dynamics. A compañía ten sucursais en diferentes partes do mundo.

Odoo é un software empresarial todo nun que inclúe CRM, sitio web e comercio electrónico, facturación, contabilidade, fabricación, xestión de almacéns e proxectos, e inventario entre outras opcións.

Solucións de industria editar

Na actualidade Odoo conta con máis de 46 módulos como por exemplo:[1]

Ademai, conta con máis de 21.000 aplicacións de terceiros que traballan sobre Odoo.[2]

Licenza e impacto no modelo de negocios editar

Os módulos de Odoo, na súa maioría, están cubertos pola licenza LGPLv3 (Lesser Xeral Public License) (en setembro de 2015 cambiou o de licenza AGPL a LGPLv3).[3] Como consecuencia directa, OpenERP non precisa de ningún pago de licenzas para ser empregado, a diferenza do software máis usados do mercado. Isto tamén implica que, mentres que se respecten os termos da licenza, a modificación directa do programa é posible.

Arquitectura editar

Arquitectura web editar

Odoo está desenvolto sobre unha arquitectura web. Hai dispoñibles múltiples aplicacións cliente.

Servidor e módulos editar

O módulo do servidor está escrito na linguaxe Python. O cliente comunícase con este a través de interfaces XML-RPC e JSON.

A funcionalidade do negocio organízase en módulos. Os módulos non son máis que meros cartafoles cunha estrutura predefinida, con código en Python e arquivos XML no seu interior. Un módulo define a estrutura dos datos, formularios, informes, menús, procedementos, fluxos de traballo, etc. Os módulos defínense mediante unha sintaxe independente do cliente, de xeito que engadir novos obxectos, como menús e formularios fainos dispoñibles para calquera cliente.

Aplicacións cliente editar

Os clientes son liviáns porque non conteñen a lóxica do negocio. Dáse soporte a dúas aplicacións oficialmente:

Aínda así, a comunidade desenvolveu outros clientes alternativos.

Base de datos editar

OpenERP usa PostgreSQL que é un sistema xestor de bases de datos.

Informes editar

Odoo tamén conta cun sistema de reportes propio empregando Webkit, e permite integración con outros motores como LibreOffice.org ou Jaspersoft.

Código fonte e contribucións editar

O código fonte de OpenERP alóxase en GitHub, empregando o sistema de control de versións Git.[4] As contribucións e a documentación tamén se administran mediante GitHub. Un sitio web adicado a recompilar toda a documentación que foi lanzado en 2009.[5]

Software como servizo editar

A partir da versión 6.0, a actual Odoo S.A. distribúe unha versión de OpenERP como servizo.

Aplicacións editar

A empresa Odoo mantén un sitio web no que fai referencia aos módulos oficiais así como aqueles contribucións feitas pola comunidade de desenvolvedores nun concepto similar ás tendas de aplicacións de Apple e Google.[6] Os módulos comunitarios poden ser referenciados de forma gratuíta a condición de que se respecten as normas de envío.

Contorna de desenvolvemento editar

O desenvolvemento de módulos faise editando arquivos Python e XML. Non hai un editor oficial, aínda que nos tutoriales existe preferencia por PyCharm ou Eclipse + PyDev. Parte da lóxica da aplicación pode ser cambiada desde a interface do cliente.

Historial de versións editar

Nome do programa Versión Data de lanzamento Cambios significativos Tipo de licenza de Software
Tiny ERP 1.0 Febreiro de 2005 Primeira versión GNU GPL
2.0 Maio de 2005 GNU GPL
3.0 Setembro de 2005 GNU GPL
4.0 Decembro de 2006 GNU GPL
OpenERP 5.0 Abril de 2009 GNU GPL
6.0 Xaneiro de 2011 Primeiro cliente web GNU AGPL[7]
6.1 Febreiro de 2012 Primeiro cliente web Ajax, descontinúase cliente GTX GNU AGPL
7.0 22 de decembro de 2012 Mellórase o cliente web e a súa utilidade GNU AGPL
Odoo 8.0 18 de setembro de 2014 Soporte para CMS: Generador de sitios web, comercio electrónico (e-commerce), puntos de venda e intelixencia de negocio ( business intelligence) GNU AGPL
9.0 1 de outubro de 2015 Edición comunitaria[8] GNU LGPL v3
9.0 1 de outubro de 2015 Edición Empresarial[8] Odoo Enterprise Edition License v1.0[9]
10.0 5 de outubro de 2016 Community Edition[10] GNU LGPL v3[9]
10.0 5 de outubro de 2016 Edición Empresarial[8] Odoo Enterprise Edition License v1.0[9]
11.0 5 de outubro de 2017 Community Edition[11] GNU LGPL v3[9]
11.0 5 de outubro de 2017 Edición Empresarial[12] Odoo Enterprise Edition License v1.0[9]
12.0 3 de outubro de 2018 Community Edition[10] GNU LGPL v3[9]
12.0 3 de outubro de 2018 Edición Empresarial[12] Odoo Enterprise Edition License v1.0[9]
13.0 5 de outubro de 2019[13] Edición Empresarial Odoo Enterprise Edition License v1.0x
13.0 5 de outubro de 2019 Community Edition GNU LGPL v3
14.0 5 de outubro de 2020[14] Community Edition GNU LGPL v3
15.0 3 de outubro de 2021[15] Community Edition GNU LGPL v3
16.0 12 de outubro de 2022[16] Community Edition GNU LGPL v3

     Versión antiga      Versión estable aínda con soporte      Última versión      Futura versión

Notas editar

  1. "Tódalas aplicacións". Consultado o 18 de outubro de 2019. 
  2. "Odoo Apps". 18 de Outubro de 2019. Consultado o 18 de outubro de 2019. 
  3. "Adapting our open source license" (en inglés). Odoo. 5 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de abril de 2019. (Adaptando a nosa licenza de código abierto) 
  4. "Odoo Server in GitHub" (en inglés). Consultado o 25 de Xuño de 2015. 
  5. "OpenERP Documentation v6.1" (en inglés). Odoo, S.A. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  6. "Odoo Apps" (en inglés). 
  7. "https://github.com/odoo/odoo/blob/6.0/LICENSE".  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  8. 8,0 8,1 8,2 "https://www.odoo.com/blog/odoo-news-5/post/more-than-ever-odoo-has-it-all-315".  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 "https://www.odoo.com/es_ES/page/legal".  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  10. 10,0 10,1 "https://www.odoo.com/documentation/user/10.0/legal/licenses/licenses.html#licenses".  Ligazón externa en |title= (Axuda)
  11. "Odoo 11 Community Edition". 
  12. 12,0 12,1 "Odoo 11 Enterprise Edition". 
  13. "13 novedades del nuevo ERP Odoo 13". 26 de marzo de 2019. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  14. "Novedades Odoo 14". 
  15. "Novedades Odoo 15". 
  16. "Novedades Odoo 16". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar