O código fonte é un texto escrito nunha determinada linguaxe de programación, en formato texto. Son as instrucións que debe seguir unha computadora para executar o programa. Polo tanto, no código fonte dun programa está escrito o seu funcionamento.

É polo tanto o primeiro paso na criación dun programa ou aplicación informática, aínda que unha computadora non pode ler directamente este código na linguaxe de programación, e é necesario traducilo ao linguaxe máquina para que o hardware poida executalo. Isto faise cos compiladores, intérpretes, e outros sistemas.

O termo tamén se utiliza para facer referencia a outros elementos de software, coma o código fonte dunha páxina web que está escrita en formato HTML ou JavaScript e que é interpretado polo navegador para a súa visualización.

Nota: o código fonte non tén porque ser tal como o ser humano (ou ferramenta) o criou, senón que pode ser tamén o resultado de ter pasado por algunha ferramenta embelecedora (pretty printer).

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.