O veo alzado

libro de George Eliot

O veo alzado (en inglés: The Lifted Veil) é unha novela de George Eliot, publicada orixinalmente en 1859. Ó contrario que outras obras de ficción realista polas que Eliot é máis coñecida, O veo alzado explora temas de percepción extrasensorial, a esencia da vida física, a posible vida após a morte e o poder do destino. A novela forma parte da tradición vitoriana de ficción de terror, xunto a Dr. Jekyll e Mr. Hyde de Robert Louis Stevenson (1886) e o Drácula de Bram Stoker (1897).

O veo alzado
Título orixinalThe Lifted Veil
Autor/aGeorge Eliot
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial Blackwood's Magazine
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1859
Galicia 2019
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas82
ISBNISBN 978-84-949713-6-5
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[1] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.

Notas editar

  1. Editorial Hugin e Munin (ed.). ""O veo alzado" na Editorial Hugin e Munin". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2019.