Drácula é unha novela de Bram Stoker, publicada en 1897. É un clásico entre os libros de terror, e unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.

Drácula
Autor/aBram Stoker
Ilustrador/aPierre Falké
OrixeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Lingualingua inglesa
Xénero(s)novela epistolar, invasion literature, ficción gótica, vampire fiction e ficción de horror
Data de pub.26 de maio de 1897
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

O libro conta a historia de como a vida de varias persoas, entre elas o estudoso Van Helsing, foi afectada polo vampiro Conde Drácula. Interesante na obra é o pequeno retrato que o autor fai dalgúns conceptos do século XIX, como a posición da muller na sociedade e a influencia da relixión na vida das persoas.

O castelo do conde Drácula fica en Bran, na Transilvania, unha rexión da Romanía, no leste europeo.

O conde Drácula ten como inspiración a figura histórica do voivoda valaco Vlad III Draculea, alcumado Tepes (o Empalador) polos seus severos métodos de xustiza e a súa crueldade cos seus inimigos. O vampiro de Bram Stoker, non obstante, presenta algunhas diferenzas importantes, pois é un nobre sículo, non valaco e o seu castelo está situado no Paso do Borgo, en Transilvania, non en Valaquia, onde gobernou Vlad Draculea.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.