Nelly Hedwig Diener, nada o 5 de febreiro de 1912 e finada preto de Tuttlingen (Alemaña) o 27 de xullo de 1934, foi unha auxiliar de voo suíza.[1] Foi a primeira asistente de voo feminina en Europa.

Infotaula de personaNelly Diener

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Nelly Hedwig Diener Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1934 Editar o valor em Wikidata (22 anos)
Wurmlingen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente ou incidente de aviación Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTransporte aéreo (pt) Traducir e Tripulação (aviação) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónauxiliar de voo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Nelly Diener na cociña do Curtiss AT-32C Condor II en 1934.
 
Nelly Diener con pasaxeiros na cabina do Curtiss AT-32C Condor II en 1934.

A principios de 1934 Diener converteuse na primeira auxiliar de voo feminina en Europa, para a aeroliña suíza Swissair. A revista Aero-Revue louvouna como unha «dama loura, de pelo crecho e longas pestanas» e bautizouna como Engel der Lüfte («Anxo do aire»).[2] Diener era coñecida por consentir os seus pasaxeiros con alimentos e bebidas que ela mesma preparaba. Nos primeiros anos de Swissair o prezo do voo non incluía cáterin, pois nos primeiros avións comerciais non había espazo para unha cociña. Só se ofrecían , café, sándwichs, sopa e froita.[3]

Diener faláballes de maneira tranquilizadora aos pasaxeiros que sufrían de medo a voar. Con moitos xogaba ás cartas ou tecía para distraelos, interpretaban cancións xuntos ou mesmo cantaba.[4] Os asistentes de voo de Swissair inicialmente traballaban sen uniforme, simplemente cun mandil branco. Porén, as imaxes contemporáneas fóra do avión mostran a Diener cunha chaqueta de voo, pantalóns e chapeu.[5] O título do seu traballo indícase nunha postal como «Stewardess do avión de alta velocidade "Cóndor" de Swissair». Nelly Diener chegou a ser coñecida alén das fronteiras do seu país.

Morte editar

Nelly Diener morreu despois de 83 voos no accidente de Swissair en Tuttlingen o 27 de xullo de 1934 na ruta Zúric-Berlín, preto de Wurmlingen (Baden-Württemberg, Alemaña). No accidente morreron tamén os nove pasaxeiros e os outros dous membros da tripulación, o piloto, Armin Mühlematter, e o navegador de radio, Hans Daschinger.[5][6][7]

O informe de Swissair sobre o ano financeiro de 1934 detalla o accidente e as súas causas:

«No último ano financeiro, a nosa empresa tivo o seu primeiro accidente de aviación grave cando o Curtiss-Condor se estrelou o 27 de xullo de 1934 preto de Tuttlingen. Segundo o informe da comisión de investigación oficial, a causa remóntase a unha rotura por fatiga oculta na pestana de conexión dos dous cables tensores dianteiros dereitos na instalación do motor. Todas as reclamacións deste accidente foron resoltas por completo. Sempre gardaremos un honorable recordo da leal tripulación; o Sr. Armin Mühlematter, piloto; o Sr. Hans Daschinger, operador de radio; e a Srta. Nelly Diener, azafata; que perderon a vida en cumprimento do seu deber».[8]

Notas editar

  1. Marder, Pascale (2018). Nelly Diener. Engel der Lüfte. [Nelly Diener. Anxo do aire] (en alemán). Zúric: Bilgerverlag. p. 140. ISBN 9783037620762. 
  2. Meyer, Benedikt (2014). Im Flug. Schweizer Airlines und ihre Passagiere, 1919-2002 [En voo. Aeroliñas suízas e os seus pasaxeiros, 1919-2002] (en alemán). Zúric: Chronos. p. 40. ISBN 9783034012386. 
  3. Münger, Felix (2 de abril de 2002). "Pionierin der Zivilluftfahrt". Swissinfo (en alemán). Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  4. "Wie die Swissair entstand". Swissair Memories (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2009. Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Marder, Pascale. "Galerie". Nelly Diener, Stewardess (en alemán). Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  6. Swopes, Brian. "27 July 1934". This Day in Aviation (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2022. 
  7. "Crash of a Curtiss Condor 32 in Tuttlingen: 12 killed". B3A (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2021. 
  8. "Schweizerische Luftverkehr-Aktiengesellschaft: Bericht über das IX. Geschäftsjahr vom 1. Januar bis 31. Dezember 1934" [Informe sobre o IX ano fiscal do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 1934] (PDF; 2,79 MB) (en alemán). Consultado o 27 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar