Narciso Corral Ocampo

político galego

Narciso Corral Ocampo, nado nas Pontes de García Rodríguez o 11 de decembro de 1899 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1959,[1] foi un político galego.

Infotaula de personaNarciso Corral Ocampo
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Andrés Francisco Corral Pico, secretario do Concello das Pontes de García Rodríguez, e Antonia Ocampo, estudou o bacharelato na Coruña.[2] Emigrou a Cuba e retornou a principios dos anos trinta. En principio fixo propaganda a favor de Leandro Pita Romero, pero posto a mal con el, pasouse á dereita. Foi nomeado representante da Sociedad de Autores de España nas Pontes de García Rodríguez en 1933.[3] Secretario do Comité Radical das Pontes, foi detido polo alcalde das Pontes en setembro de 1933, pero liberado ao día seguinte por orde do gobernador civil.[4] Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935.[5] Dende decembro de 1935 militou na Falange. Foi secretario accidental do xulgado municipal das Pontes de 1936 a 1940.[6]

No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era xefe de Falange das Pontes e estivo implicado na represión. Foi un dos responsables do masacre de Manuel Ramos Fernández, a súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José o 22 de agosto de 1936. O 23 de outubro á fronte dunha partida de milicianos integrada por Francisco Bellas Rivero e José Seoane López Avelino asasinou ao esmoleiro Avelino López. En 1937 a Falange instruíulle expediente por impoñer multas arbitrarias e estivo preso un mes no cuartel de Falange da Coruña. Foi sancionado pola Delegación de Orde Público da Coruña con 100 pesetas en 1937 por "no saludar a las banderas nacional y de Falange, contestando a la Guardia civil en tonos airados e irrespetuosos al ser invitado a ello".[7] Entre xullo e outubro de 1937 foi soldado da setima bandeira de FET y de las JONS e combateu na fronte de Asturias. Foi nomeado alcalde das Pontes en xullo de 1940, cesando no cargo en maio de 1941. En agosto dese ano desmpeñou o cargo de secretario accidental do Concello das Pontes. En outubro de 1941 abríronlle un proceso xudicial polo homicidio de Manuel Ramos e a súa familia, que finalmente foi sobresido.[8] Foi expulsado de FET y de las JONS "por cometer actos denigrantes para la camisa azul" a finais de outubro de 1941.[9]

Vida persoal editar

Casou con María Villasuso Romero e foi pai de Valentín, María Luisa, Andrés, Otilia, Adolfo, Armando, María Elena e Pilar Corral Villasuso.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 11-7-1959, p. 4.
  2. La Voz de Galicia, 25-6-1915, p. 3.
  3. El Ideal Gallego, 19-2-1933, p. 6.
  4. La Voz de Galicia, 9-9-1933, p. 6.
  5. El Ideal Gallego, 5-5-1935, p. 5.
  6. BOP A Coruña16-12-1938, p. 4.
  7. La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2.
  8. Causa nº 133/1942, instruída polo delito de homicidios, contra Narciso Corral Ocampo e outros. As actuacións foron comezadas polo Xulgado de Instrución de Ortigueira o 8 de outubro de 1941 e continuadas polo Xulgado Militar eventual nº 3 de Ferrol, o 16 de febreiro de 1942.
  9. El Compostelano, 31-10-1941, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Jesús López López
  
Alcalde das Pontes de García Rodríguez
 
1940 - 1941
Sucesor:
?