Manuel Ramos Fernández

político galego

Manuel Ramos Fernández, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1871 e finado nas Barrosas o 22 de agosto de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaManuel Ramos Fernández
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor em Wikidata
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viaxaba frecuentemente a Cuba, a onde levaba traballadores para os xardíns da Habana. Foi elixido concelleiro das Pontes de García Rodríguez nas eleccións do 12 de abril de 1931, e tomou posesión como primeiro tenente-alcalde do goberno presidido por José Vilaboy Pajón o día 22 de abril. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi asasinado o 22 de agosto xunto coa súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José.[1] En 1941 abriuse un proceso xudicial por homicidio contra Narciso Corral Ocampo, xefe da Falanxe e un dos responsables do masacre, que finalmente foi sobresido.

Notas editar

  1. "Manuel, Juana, Manuel y José regresan de nuevo con su familia". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-08-22. Consultado o 2021-03-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar