Nacionalismo uigur

O nacionalismo uigur é unha forma de nacionalismo que defende que os uigures, unha minoría étnica da rexión de Xinjiang na China, son unha nación distinta. O nacionalismo uigur promove a unidade cultural do pobo uigur, xa sexa como grupo independente ou como grupo rexional dentro dunha nación chinesa meirande.

Bandeira (Kök Bayraq) símbolo do movemento independentista do Turquestán Oriental.

Como pobo titular da Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang e un grupo étnico oficialmente recoñecido entre as "56 flores", a noción do nacionalismo uigur é moi controvertida dentro da comunidade uigur, aínda que algúns grupos da diáspora defenden a idea dun estado-nación independente.

O nacionalismo uigur adoita estar ligado en diversos graos ao movemento separatista do Turquestán Oriental, tamén coñecido como movemento de independencia uigur. Actualmente, a base de poboación primaria e tradicional do pobo uigur é Xinjiang, unha rexión autónoma da China, que tamén é coñecida como "Turquestán Oriental" polos activistas separatistas.

Independentismo de Turquestán Oriental editar

O movemento independentista de Turquestán Oriental, tamén coñecido como movemento separatista de Xinjiang ou movemento independentista uigur, é un movemento político que procura a independencia da Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang.[1][2] Xinjiang unha grande e pouco poboada rexión autónoma da República Popular da China que se atopa no noroeste do país, fogar dos uigures, que son un pobo de orixe turca e de relixión maioritariamente musulmá. Dentro do movemento, existe un apoio maioritario a cambiar o nome da rexión, xa que "Xinjiang" é percibido polos activistas independentistas como un nome colonial. "Turquestán Oriental" é o nome proposto máis coñecido, así como "Uigurstán".

Notas editar

  1. Deaths From Clashes in China's Xinjiang Area Rises to 35 Arquivado 6 de outubro de 2014 en Wayback Machine.. Bloomberg. Consultado o 12 de xullo de 2013.
  2. The Uyghurs in Xinjiang – The Malaise Grows Arquivado 11 de maio de 2013 en Wayback Machine.. Chinaperspectives.revues.org. Consultado o 12 de xullo de 2013.