Núria de Gispert

política española

Núria de Gispert i Català, nada en Barcelona o 6 de abril de 1949, é unha política e avogada catalá, foi presidenta do Parlamento de Cataluña entre 2010 e 2015.

Infotaula de personaA Moi Honorábel Editar o valor em Wikidata
Núria de Gispert

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Núria de Gispert i Català Editar o valor em Wikidata
6 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Presidente Associació d'Antics Diputats al Parlament de Catalunya (en) Traducir
11 de marzo de 2016 –
← Joan Rigol (pt) Traducir
13ª Presidenta do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 4 de agosto de 2015
← Ernest BenachCarme Forcadell →
Deputada do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 2003 – 4 de agosto de 2015
Circunscrición electoral: Barcelona
Minister of Justice and Home Affairs of Catalonia (en) Traducir
4 de novembro de 2002 – 17 de decembro de 2003
← Xavier Pomés i Abella (en) Traducir, Josep-Delfí Guàrdia i Canela (en) TraducirMontserrat Tura (pt) Traducir, Josep Maria Vallès i Casadevall (en) Traducir →
Nomeado por: Jordi Pujol
Conseller de Governació i Relacions Institucionals (en) Traducir
5 de febreiro de 2001 – 4 de novembro de 2002
← Josep Antoni Duran i LleidaJosep Maria Pelegrí i Aixut (en) Traducir →
Nomeado por: Jordi Pujol
Minister of Justice (en) Traducir
1 de febreiro de 1995 – 5 de febreiro de 2001
← Antoni Isac i Aguilar (en) TraducirJosep-Delfí Guàrdia i Canela (en) Traducir →
Nomeado por: Jordi Pujol
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - licenciatura en Dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemòcrates de Catalunya (2015–)
Unió Democràtica de Catalunya (1986–2015) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiIgnasi de Gispert i Jordà (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesDorotea de Chopitea (en) Traducir (tataravoa) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnuriadegispert.wordpress.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3491869 Twitter: nuriadgc Dialnet: 3082793 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Núria de Gispert i Català é a filla do tamén político e avogado Ignasi de Gispert i Jordà, e descendente da insigne benefactora Dorotea de Chopitea. De Gispert licenciouse en Dereito pola Universidade de Barcelona. Ten o título de interpretación xurada polo Ministerio de Asuntos Exteriores. Exerceu de avogada desde 1971 ata 1973. Ademais, foi funcionaria da Deputación de Barcelona desde 1974 a 1980.

Foi militante da Unió Democràtica de Catalunya desde 1986 e membro da Federación de Convergència i Unió e tras a súa separación de UDC e CDC foi unha das fundadoras de Demòcrates de Catalunya. Foi secretaria xeral de Xustiza e de Gobernación desde 1984 a 1993 e vicepresidenta do Comité Director para a Organización da Administración da Generalitat de Cataluña desde 1993 ata o 1994. É vicepresidenta de Relacións Institucionais do Comité de Goberno de UDC e membro do Consello Nacional.

No Goberno de Cataluña 1992-1995 presidido por Jordi Pujol, foi nomeada conselleira de Xustiza en substitución de Antoni Isac i Aguilar nunha remodelación do goberno que se produciu o 1 de xaneiro de 1995. No Goberno de Cataluña 1995-1999 e Goberno de Cataluña 1999-2003, continuou no cargo da consellería de Xustiza pero tras os axustes no goberno que houbo o 5 de febreiro de 2001, foi nomeada conselleira de Gobernación substituíndo a Josep Antoni Duran i Lleida. Estivo un ano na consellería ata que nunha nova remodelación do goberno, foi nomeada Xustiza e Interior (unificando os dous departamentos). presidiu a parte catalá da Comisión Mixta de Transferencias Estado-Generalitat e foi relatora do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006.

Foi elixida deputada no Parlamento de Cataluña nas eleccións do 2003, as de 2006 e as do 2010.

Polo seu labor como avogada, recibiu a Cruz de honra de Sant Raimon de Penyafort (1998), a Cruz ao Mérito ao Servizo da Avogacía Española (2002) e a Medalla do Colexio de Avogados de Barcelona (2004). É colexiada, sen exercicio, do Colexio de Avogados de Barcelona. É membro da Academia de Xurisprudencia e Lexislación de Cataluña desde 2006 e defensora do mutualista da Mutua dos Avogados (2005).[1]

Durante a campaña electoral das eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010, fíxose público que se CiU tiña unha ampla maioría na cámara catalá, sería elixida como presidenta do Parlamento.[2]

O 16 de decembro de 2010, foi elixida presidenta do Parlamento de Cataluña na sesión constitutiva da cámara para a IX lexislatura, sendo a primeira muller en ocupar este cargo.

Notas editar

  1. "Ficha de Deputada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2012. 
  2. Mas di que, se goberna CiU, Núria de Gispert será a presidenta do Parlament Arquivado 25 de novembro de 2010 en Wayback Machine. (en catalán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar