Jordi Pujol

político español

Jordi Pujol i Soley, nado en Barcelona o 9 de xuño de 1930, é un político catalán, líder de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) entre 1974 e 2003 e presidente da Generalitat dende 1980 ata 2003. É doutor en medicina pola Universidade de Barcelona. Casado con Marta Ferrusola no ano 1956, xuntos teñen 7 fillos.

Jordi Pujol
Jordi Pujol Soley
126º President da Generalitat de Cataluña
Período19802003
AntecesorJosep Tarradellas
SucesorPasqual Maragall
Datos persoais
Nacemento9 de xuño de 1930
 Barcelona
OrganizaciónConvergència Democràtica de Catalunya
PaiFlorenci Pujol i Brugat
NaiMaria Soley
CónxuxeMarta Ferrusola Lladós
FillosOriol Pujol Ferrusola, Jordi Pujol i Ferrusola, Oleguer Pujol i Ferrusola, Pere Pujol i Ferrusola, Marta Pujol i Ferrusola, Josep Pujol i Ferrusola e Mireia Pujol i Ferrusola
Alma máterGerman School of Barcelona, Universidade de Barcelona e Acadèmia Pérez Iborra
ProfesiónMédico
Relixióncatolicismo
Na rede
http://associacioserviol.cat
IMDB: nm0700253 Dialnet: 2462579 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Franquismo editar

Pujol foi arrestado en 1960 polas súas actividades antifranquistas, e foi sentenciado a sete anos de prisión, dos cales cumpriu dous e medio na prisión de Zaragoza e un de confinamento na cidade de Xirona. Liderou as campañas contra o director de La Vanguardia Luis de Galinsoga, ou os Feitos do Palacio e "Queremos Bispos Cataláns". Unha vez en liberdade, volveu á actividade política co obxectivo de organizar un movemento nacionalista catalán. Presidiu a entidade financeira Banca Catalana a cal foi un centro de financiamento de actividades culturais catalás, como o grupo Enciclopèdia Catalana, Òmnium Cultural ou a Llibreria Ona.

Fundación de Convergència editar

Un dos impulsores da Asemblea de Cataluña, en 1974 foi un dos fundadores de Convergència Democràtica de Catalunya, e foi elixido secretario xeral. Foi conselleiro da Generalitat de Catalunya en tempo do presidente Josep Tarradellas.

Presidencia da Generalitat editar

Foi elixido presidente da Generalitat en 1980, e reelixido no 1984, 1988, 1992, 1995 e 1999. No ano 2003 ao acabar o seu último mandato, retirouse da primeira liña política, deixando a dirección do partido en mans de Artur Mas.

 
Generalitat de Cataluña

Segue a:
Josep Tarradellas
Jordi Pujol
Precede a:
Pasqual Maragall
President