My Morning Jacket

My Morning Jacket é unha banda estadounidense de indie rock formada en Louisville, Kentucky no ano 1998. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Jim James, o baixista Tom Blankenship, o batería Patrick Hallahan, o guitarrista Carl Broemel, e o teclista Bo Koster.[1] O son da banda, enraizado no rock e no country, adoita a ser experimental e psicodélico. O grupo amasou seguidores a partir da década de 2000, en pate debido ás súas actuacións ao vivo.

My Morning Jacket
A banda no Newport Folk Festival en 2015
OrixeLouisville, Kentucky,
Período1998 - presente
Xénero(s)indie rock, art rock, rock psicodélico, country alternativo, Southern rock, jam, Americana
Selo(s) discográfico(s)Darla, Wichita, ATO, V2, Capitol, MapleMusic
MembrosJim James
Tom Blankenship
Patrick Hallahan
Bo Koster
Carl Broemel
Antigos membrosJohnny Quaid
Danny Cash
J. Glenn
Chris Guetig
Na rede
mymorningjacket.com
Facebook: mymorningjacket Twitter: mymorningjacket Instagram: mymorningjacket MySpace: mymorningjacket Youtube: UCKARN4GSFIOiKUIpCtRlO9g Bandcamp: mmorningjacketSouncloud: my-morning-jacket Spotify: 43O3c6wewpzPKwVaGEEtBM iTunes: 2322618 Last fm: My+Morning+Jacket Musicbrainz: ea5883b7-68ce-48b3-b115-61746ea53b8c Songkick: 408208 Discogs: 100346 Allmusic: mn0000520583 Deezer: 2066 Editar o valor em Wikidata

My Morning Jacket conseguiu o seu primeiro éxito en Europa tras o lanzamento do seu álbum de estrea, The Tennessee Fire (1999). O seu seguinte traballo, At Dawn (2001), conseguiu unha gran cantidade de seguidores nos Estados Unidos e precedeu a varios cambios na formación. Tras fichar polo gran selo ATO Records, o grupo lanzou dous álbums, It Still Moves (2003) e Z (2005), sendo este último un grande éxito. O seguinte lanzamento da banda, Evil Urges (2008), tivo críticas divididas, mentres que Circuital (2011), o seu sexto álbum, tivo unha resposta máis unánime. O seu sétimo álbum, The Waterfall, foi lanzado en 2015, seguido por The Waterfall II en 2020 e My Morning Jacket en 2021.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
The Tennessee Fire 1999 Darla Records
At Dawn 2001 Darla Records
It Still Moves 2003 ATO Records
Z 2005 ATO Records
Evil Urges 2008 ATO Records
Circuital 2011 ATO Records
The Waterfall 2015 ATO Records
The Waterfall II 2020 ATO Records
My Morning Jacket 2021 ATO Records

Notas editar

  1. "My Morning Jacket turns up heat - The Boston Globe". archive.boston.com (en inglés). Consultado o 2022-11-05. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar