V2 Records

selo discográfico

V2 Records (ou V2 Music) é un selo discográfico pertencente ao Universal Music Group dende outubro de 2007. Foi fundado no ano 1996 por Richard Branson, cinco anos despois de que vendese Virgin Records a EMI.

V2 Records
Compañía naiUniversal Music Group
Fundado en1996
FundadorRichard Branson
DistribuidorasFontana Distribution
Hostess Entertainment (Xapón)
Xénero(s)varios
OrixeReino Unido
http://www.v2music.com/

Na actualudade o 95% do selo pertence ao servizo financeiro Morgan Stanley e o 5% reatante a Branson, xa que Morgan Stanley foi o principal financiador da compañía. Cos anos V2 adquiriu Gee Street Records, Junior Boy's Own, Blue Dog Records e Big Cat Records. O selo tamén distribúe a moitos outras disscográficas, como poden ser Wichita, Luaka Bop, City Slang e Modular.

V2 agora opera en Australia, Bélxica, O Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Grecia, Países Baixos, España, Irlanda, Suecia, Reino Unido e Estados Unidos. Foi distribuída neste último país por BMG, porén, pasouse a WEA pouco despois da formación de Sony BMG. Os súas oficinas centrais están situadas na antiga sede estadounidense de Island Records en Manhattan.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar