Murray Gordon Halberg, nado en Eketahuna o 7 de xullo de 1933[1] e finado o 30 de novembro de 2022,[2] foi un atleta neozelandés.

Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
Murray Halberg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1933 Editar o valor em Wikidata
Eketāhuna, Nova Zelandia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte30 de novembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Auckland, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAvondale University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso62 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista , mediofondista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportecorrida de fundo (pt) Traducir
atletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1964Xogos Olímpicos de 1964
1960Xogos Olímpicos de 1960
1956Xogos Olímpicos de 1956 Editar o valor em Wikidata
Premios

IAAF: 14351216 Olympic.org: murray-halberg WikiTree: Halberg-60 Editar o valor em Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo masculino
Xogos Olímpicos
Ouro Roma 1960 5.000 m

Traxectoria editar

Xogador de rugby na súa xuventude, Halberg sufriu unha grave lesión durante un partido,[3] polo que o seu brazo esquerdo quedou afectado. O ano seguinte, comezou a correr, aínda máis motivado pola súa eiva.

Tres anos despois, gañou o seu primeiro título nacional e competiu nos Xogos da Commonwealth de 1954, quedando quinto na milla. En 1956, na Olimpíada de Melbourne, quedou undécimo nos 1500 metros.

En 1958, Halberg converteuse no deportista do ano de Nova Zelandia. Este premio foille concedido non só por ser o primeiro neozelandés corredor da milla por debaixo dos catro minutos, senón que tamén polo seu ouro nas 3 millas nos Xogos da Commonwealth. Para a Olimpíada de Roma Halberg preparouse máis nas longas distancias, acadando o ouro nos 5.000 m, o mesmo día en que o seu compatriota Peter Snell gañou os 800 m. Halberg quedou quinto nos 10.000 m.

O ano seguinte, Halberg estableceu catro novos récords mundiais. Nos seguintes Xogos da Commonwealth defendeu o seu título nas 3 millas. Rematou a súa carreira deportiva na Olimpíada de Toquio, finalizando sétimo nos 10.000 m.

En 1963, Sir Murray Halberg dispuxo unha fundación no seu nome, que axuda a nenos con discapacidades, e xestionou os premios ao deportista do ano de Nova Zelandia, que logo pasou a chamarse o "Premio Halberg".

Halberg foi condecorado coa Orde do Imperio Británico en 1961. No 2008 foille concedido o máximo título á honra neozelandés, a Orde de Nova Zelandia.[4]

Notas editar

  1. McLintock, A. H (1966). "HALBERG, Murray Gordon, M.B.E.". Te Ara – The Encyclopedia of New Zealand. Consultado o 22 de marzo de 2015. 
  2. "Olympic great Sir Murray Halberg dies, aged 89". Stuff. 1 de decembro de 2022. 
  3. "Murray Halberg". Olympic.org.nz. Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2022. Consultado o 22 de marzo de 2015.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
  4. "The Order of New Zealand". New Zealand Gazette. 11 de xuño de 2008. p. 2561. Consultado o 22 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A Clean Pair Of Heels: The Murray Halberg Story por Murray Halberg, con Garth Gilmour

Ligazóns externas editar