Xogos Olímpicos de 1956

Os XVI Xogos Olímpicos de 1956 foron realizados na cidade de Melbourne, en Australia, entre os días 22 de novembro e 8 de decembro, coa participación de 72 estados, representados por 3314 atletas, sendo 376 mulleres.

Xogos Olímpicos de 1956
SedeMelbourne, Australia / Estocolmo, Suecia
Nacións72
Atletas3 314 (2 938 homes, 376 mulleres)
Eventos151 en 17 deportes (23 disciplinas)
Apertura22 de novembro de 1956
Clasura8 de decembro de 1956
Inaugurado porFilipe de Edimburgo[1]
Lapa olímpicaRon Clarke[1]
EstadioMelbourne Cricket Ground

Por primeira vez unha das modalidades deportivas dos Xogos non foi realizada nin na cidade nin no país anfitrión, xa que a hípica transferiuse a Estocolmo, Suecia, disputándose cinco meses antes de Melbourne polo que se impedía a entrada de cabalos estranxeiros no país.

Infelizmente, a política internacional, extremadamente tensa naqueles días de guerra fría, foi responsable dos primeiros boicots e desistencias dos Xogos Olímpicos. A invasión da Hungría por tropas soviéticas naquel ano causou a desistencia de España, Países Baixos e Suíza. Os exipcios, iraquís e libaneses boicotearon o evento en protesta pola presenza anglo-francesa, intervindo con tropas na cuestión do Canal de Suez.

Modalidades disputadas editar

 
Participantes

Cadro de medallas editar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   URSS 37 29 32 98
2   Estados Unidos 32 25 17 74
3   Australia 13 8 14 35
4   Hungría 9 10 7 26
5   Italia 8 8 9 25
6   Suecia 8 5 6 19
7   Equipo Unido de Alemaña 6 13 7 26
8   Gran Bretaña 6 7 11 24
9   Romanía 5 3 5 13
10   Xapón 4 10 5 19

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Factsheet – Opening Ceremony of the Games of the Olympiad" (PDF) (Nota de prensa). International Olympic Committee. 13 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2018.