Moedas de euro de España

As moedas de euro de España son as correspondentes ao sistema monetario do euro cuñadas e postas en circulación pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. O euro substituíu a peseta como unidade monetaria de España o 1 de xaneiro de 1999 (entrada na Eurozona) cunha taxa de conversión fixa de 1 euro = 166,386 pesetas. As moedas españolas en euros comezaron a ter curso legal na Eurozona o 1 de xaneiro de 2002.

Á parte das series circulantes ordinarias, de circulación en toda a Eurozona, España emite anualmente moedas de colección ás que non se lles recoñece curso legal no resto dos países da zona do euro.[1]

Reversos comúns editar

Artigo principal: Moedas de euro.

Como todas as moedas de euro destinadas á circulación, as españolas responden ás especificacións técnicas comúns e presentan un reverso utilizado po todos os países da zona do euro, caracterizada pola indicación do valor facial. Logo do deseño orixinal utilizado desde 1999, este tivo unha lixeira actualización en 2007.

Reversos comúns a todas as moedas da Eurozona
0,01 € 0,02 € 0,05 €
     
Deseño: Luc Luyx (Casa da Moeda Real de Bélxica)
0,10 € 0,20 € 0,50 €
     
Deseño: Luc Luyx (Casa da Moeda Real de Bélxica)
1,00 € 2,00 € 2-€ (canto)
     
Deseño: Luc Luyx (Casa da Moeda Real de Bélxica)

Anversos españois editar

Os anversos propios das moedas de euro españolas responden a tres deseños diferentes:

Todas as moedas teñen no anverso as 12 estrelas da Unión Europea, o ano de cuñaxe e a marca de ceca da FNMT.

Primeira serie (1999-2009) editar

Anversos das moedas de euro españolas (1999-2009)
0,01 € 0,02 € 0,05 €
 
 
 
Fachada da catedral de Santiago de Compostela
0,10 € 0,20 € 0,50 €
 
 
 
Miguel de Cervantes Saavedra
1,00 € 2,00 € 2 € (canto)
 
 
Rei Xoán Carlos I

Segunda serie (2010-2014) editar

En 2010, España revisou o deseño das súas caras nacionais para cumprir coas directrices comunes recomendadas pola Comisión Europea. Nas moedas de 1 e 2 euros, as novas caras nacionais seguen coa mesma imaxe do rei Xoán Carlos I, pero a cifra do ano aparece agora na parte interior da moeda, xunto coa marca de ceca e o nome do país. As doce estrelas do anel exterior amósanse agora coma aparecen na bandeira europea, sen aparecer ningunha en baixorrelevo. Cuñadas desde o 1 de xuño de 2010.[2]

Anversos das moedas de euro españolas (2010-2014)
0,01 € 0,02 € 0,05 €
 
 
 
Fachada da catedral de Santiago de Compostela
0,10 € 0,20 € 0,50 €
 
 
 
Miguel de Cervantes Saavedra
1,00 € 2,00 € 2 € (canto)
 
 
 
Rei Xoán Carlos I

Terceira serie (desde 2015) editar

O 18 de xuño de 2014 produciuse a abdicación do rei Xoán Carlos I e o seu fillo converteuse en rei de España co nome de Filipe VI. A partir deste feito, as moedas de un e de dous euros amosan, a partir de 2015, a imaxe de Filipe VI. Os anversos do resto das moedas non foi modificado.

A descrición dos dous novos anversos das moedas españolas en euros foi publicada no Diario Oficial da Unión Europea do 18 de novembro de 2014.[3]

Anversos das moedas de euro españolas (2015 >)
0,01 € 0,02 € 0,05 €
 
 
 
Fachada da catedral de Santiago de Compostela
0,10 € 0,20 € 0,50 €
 
 
 
Miguel de Cervantes Saavedra
1,00 € 2,00 € 2 € (canto)
 
 
 
Rei Filipe VI

Moedas conmemorativas de 2 euros editar

  Moedas conmemorativas de 2 euros de España
2005
 
400º aniversario da primeira edición de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha
2007
 
50º aniversario do Tratado de Roma

O centro da moeda representa o tratado asinado polos seis estados fundadores e, ao fondo, un deseño inspirado no piso da Praza do Campidoglio de Roma, deseñado por Miguel Ánxel, onde o tratado foi asinado o 25 de marzo de 1957. A palabra “EUROPA” figura encima do libro. Sobre el, aparecen as palabras TRATADO DE ROMA 50 AÑOS. O ano 2007 e o nome ESPAÑA aparecen baixo o debuxo. As doce estrelas da bandeira europea rodean o deseño no anel exterior da moeda.

2009
 
10º aniversario da Unión Económica e Monetaria
2010
 
Centro histórico de Córdoba - Serie Patrimonio da Humanidade da UNESCO
2011
 
Alhambra, Generalife e Albaicín, Granada - Serie Patrimonio da Humanidade da UNESCO
2012
 
Catedral de Burgos
2013
 
El Escorial
2014
 
Antoni Gaudí
2015
 
Cova de Altamira

Marcas da FNMT editar

As moedas cuñadas en España levan o seguinte identificativo:

Identificación Nacional "España"
Marca de ceca  
Iniciais de gravador Non
Inscrición no bordo 2€  

Notas editar

Véxase tamén editar