Miguel Louzao Outeiro

filólogo e ensaista galego

Miguel Louzao Outeiro, nado en Orazo (A Estrada) o 24 de febreiro de 1974, é un filólogo e ensaísta galego.

Infotaula de personaMiguel Louzao Outeiro
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Orazo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , ensaísta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Hispánica e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, cidade onde cursou un máster de Xestión Cultural na Universidade Carlos III. Membro do comité de redacción do Boletín Galego de Literatura e secretario da revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. Ten colaborado tamén en publicacións como Tabeirós Terra de Montes, A Trabe de Ouro, Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca e Tempos Novos, así como nos xornais Vieiros e Faro de Vigo.

Desde 2005 exerce como profesor de lingua e literatura galegas no ensino, sendo actualmente o director do CPI Aurelio Marcelino Rey García en Cuntis.

Desde o ano 2009 é vice-coordinador Xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que foi fundador.

Obra editar

Ensaio editar

  • Letras de Cal na produción poética galega dos 90, 2006, Laiovento.

Obras colectivas editar

  • Informe de literatura 1997, 1998, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de literatura 1998, 1999, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de Literatura 1999, 2000, Centro Ramón Piñeiro.
  • Informe de Literatura 2000, 2001, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
  • Informe de Literatura 2001, 2002, Centro Ramón Piñeiro (en CD-ROM).
  • Lingua e literatura 1º ESO, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 1º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO, 2011, Xerais.
  • Lingua e literatura 3º ESO-Proposta didáctica, 2011, Xerais.
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.

Premios editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar