Literatura galega

produción literaria realizada en lingua galega

A literatura galega é, segundo criterios filolóxicos, aquela que se escribe en lingua galega.[1] Ao longo do tempo, en paralelo á historia e evolución do idioma galego desde o seu nacemento no século IX até hoxe, alternou momentos de esplendor con períodos de decadencia.

Tocando a gaita, miniatura das Cantigas de Santa María.

Etapas da literatura galega editar

Período Medieval (XII – XV) editar

A literatura galego-portuguesa medieval é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa. Este é un período de esplendor xa que é cando a literatura galego-portuguesa acada un prestixio que vai ir perdendo nos séculos seguintes. A importancia que tivo a literatura en galego-portugués para a Península Ibérica pódese comparar á importancia da literatura occitana en Europa Central e do Mediterráneo.

Séculos Escuros (XVI - XVIII) editar

O idioma entra nunha etapa de absoluta decadencia a nivel literario, aínda que siga sendo a lingua oral máis empregada pola sociedade galega do momento.

Prerrexurdimento (1808 - 1863) editar

Hai unha primeira etapa de recuperación do prestixio da lingua galega tralos séculos de decadencia que sufriu.

Rexurdimento (XIX) editar

 
Rosalía de Castro.

A lingua galega recupérase por completo coa chegada de moitos dos máis importantes escritores en galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal...

Intersecular editar

Con literatura galega do período intersecular referímonos á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.

Século XX editar

Véxase tamén: Literatura galega do exilio.

O idioma ten pasado por momentos de estabilidade e outros de decadencia. O primeiro terzo do século XX ten sido de esplendor, sobre todo polo labor dos homes vinculados ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco...) e ao Seminario de Estudos Galegos. Tras esta etapa de recuperación, volve de novo outra etapa escura debido á guerra civil española e á ditadura, que supuxeron o abandono da lingua a nivel escrito en Galiza a pesar de ser a lingua máis falada pola poboación;[Cómpre referencia] con todo, a chama da literatura seguiu acesa na Galiza exterior (o exilio americano, principalmente).

A partir dos 50 comeza unha leve recuperación, coa fundación da Editorial Galaxia e outros proxectos. Coa instauración da democracia, no ano 1978 apróbase a Constitución española, recoñecéselle ao galego o carácter de lingua cooficial xunto co castelán, manténdose unha situación de desequilibrio até o día de hoxe. Esta relativa protección da lingua galega, incrementada co Estatuto de Autonomía e a Lei de normalización lingüística, axuda a que xurda unha nova etapa de recuperación da literatura nos máis variados xéneros, incluída a literatura infantil e xuvenil.

Literatura galega actual (século XXI) editar

Artigo principal: Literatura galega actual.

Canto á creación literaria, non se acostuma falar dunha ruptura coa nova chegada do século, senón dunha continuación do labor das últimas décadas do século XX.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar