Miguel Juane

baloncestista español

Miguel Juane Sánchez, nado o 17 de xuño de 1965 en Vigo, é un avogado e ex xogador de baloncesto galego. Con 2,00m de altura, a súa posición natural era a de ala. Foi internacional coa selección española.

Miguel Juane
Información persoal
Nacemento 17 de xuño de 1965 (58 anos)
Galicia Vigo
Nacionalidade Galicia Galicia
Altura 2,00 m
Posición Ala
Información da carreira
Canteira Club Bosco
Carreira desde 1982
Historial de equipos
Club Bosco (1982−1985) 1ª B
Obradoiro (1985−1987) 1ª B
OAR Ferrol (1987−1988) 1ª B
OAR Ferrol (1988−1989) ACB
CB Valladolid (1989−1991) ACB
Baskonia (1991−1992) ACB
Oximesa (1992−1993)
CAB Coruña (1993−1994)

Dende setembro de 2023 é o Xuíz Único do Comité de Apelación da FGB.

Traxectoria editar

Traxectoria deportiva editar

Comezou a súa carreira no baloncesto no Club Bosco da Coruña, co que competiu na Primeira B (segundo nivel do baloncesto español) dende 1982.[1] No verán de 1985 fichou polo Obradoiro, da mesma categoría, no que militou dúas tempadas baixo a batuta de Pepiño Casal.[2][3]

En 1987 marchou xunto con Ricardo Aldrey para o OAR Ferrol, tamén da Primeira B, onde se reencontrou con Alberto Abalde que fixera o mesmo camiño a tempada anterior. O equipo ferrolán, no que destacaba tamén Anicet Lavodrama,[4] conseguiu regresar á Liga ACB ese mesmo ano. Juane debutou na máxima categoría do baloncesto español na tempada seguinte e ao remate desta deixou o club verde para ingresar polo Valladolid, nunha polémica fichaxe ao negarse o presidente do club ferrolán, Juan Fernández, a deixalo libre.[5][6] Foi o primeiro deportista español en romper o seu contrato unilateralmente acolléndose ao famoso Real Decreto 1006/85, e en pagar a cláusula de rescisión, que foi dun millón de pesetas.[7]

Nas dúas campañas nas que militou no Valladolid, o club púrpura e dourado realizou dúas das mellores actuacións da súa historia, acadando a sexta e a sétima praza da liga respectivamente e xogando unha final da Copa Príncipe de Asturias. Foi titular naquel equipo, no que militaban entre outros Arvydas Sabonis, Valdemaras Chomičius e Miguel Ángel Reyes, e fixo unha media de 11 puntos.[3]

No verán de 1991 deixou o Valladolid e fichou polo Baskonia, onde xogou unha tempada. A continuación xogou no Oximesa de Granada e pechou a súa carreira no CAB Coruña na tempada 1993/94.

Selección española editar

Xogou coa selección española júnior e coa sub-23 antes de debutar coa absoluta en 1989. Disputou un total de tres partidos co combinado español.[8]

Tras a retirada deportiva editar

Licenciado en Dereito, tras deixar o baloncesto exerceu como avogado no seu propio bufete na Coruña e Vilagarcía.[9] Especializouse no campo do deporte e foi presidente do Comité Galego de Disciplina Deportiva entre 2012 e 2020, presidente da Asociación Galega de Dereito Deportivo entre 2016 e 2020, membro do Tribunal de Arbitraxe, mediador do COE e vicepresidente da Asociación Española de Mediación Deportiva.[10]

En 1999 formou parte do equipo xudicial que tomou as rendas do Atlético de Madrid por orde da Audiencia Nacional, tras a destitución de Jesús Gil.[11][12] En 2009 foi presentado como director xeral do Obradoiro, na súa nova etapa na ACB.[13]

En marzo de 2021 converteuse no novo secretario do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, despois de que Abanca forzase a saída do presidente Fernando Vidal, sendo substituído por Antonio Couceiro.[10][14] Ocupou dito cargo ata que todo o Consello foi cesado ao remate da tempada 2022/23, tralo fracaso na promoción de ascenso a Segunda.[15] En setembro de 2023 pasou ocupar o cargo de Xuíz Único do Comité de Apelación da Federación Galega de Baloncesto.[16]

Notas editar

  1. "El Bosco Majox habrá de entregarse de lleno frente al Español". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de decembro de 1982. p. 55. 
  2. "El Feiraco-Santiago aspira a mantenerse en la Primera «B» del baloncesto masculino". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1985. p. 18. 
  3. 3,0 3,1 "Juane, si el Obra te llama dos veces". El Correo Gallego (en castelán). 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  4. "Historia de los ascensos a ACB (1987-88) (I): del Clesa Ferrol de Lavodrama al Askatuak de Abdul Jeelani" (en castelán). 3 de abril de 2020. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  5. "Juane: «Podemos firmar contratos, pero lo que parece es que al final todo es papel mojado»". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 1989. p. 51. 
  6. "Miguel Juane al Fórum de Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de setembro de 1989. p. 40. 
  7. "Un jurista en la pista" (en castelán). 24 de marzo de 2019. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  8. "Miguel Juane". seleccionbaloncesto.es (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  9. Ortiz Pérez, Javier (28 de xullo de 2013). "Miguel Juane: El tercer ‘MJ’ histórico" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Miguel Juane, nuevo secretario del Consejo de Administración del Deportivo" (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  11. Torres, Diego (5 de xaneiro de 2000). "La incómoda soledad de Juane". El País (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  12. Méndez, Rafael (31 de marzo de 2013). "El fútbol, otra burbuja pinchada". El País (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2021. 
  13. "Miguel Juane, presentado como director general del Obradoiro". Marca (en castelán). 22 de xullo de 2009. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  14. "Miguel Juane, novo secretario do Deportivo". CRTVG (en castelán). 24 de marzo de 2021. Consultado o 3 de abril de 2021. 
  15. Núñez, Alfonso (14 de xuño de 2023). "Dimite todo el Consejo de Administración del Deportivo y el club anuncia el cese de Rubén de la Barrera" (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2023. 
  16. "Miguel Juane, novo Xuíz Único do Comité de Apelación FGB". 4 de setembro de 2023. Consultado o 30 de decembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar