Club Bosco de Baloncesto

club de baloncesto de Coruña

O Club Bosco de Baloncesto foi un equipo de baloncesto que tiña a súa sede na cidade da Coruña. Fundouse o 3 de setembro de 1960 e desapareceu o 7 de febreiro de 1988. O equipo xogaba os seus encontros como local no ximnasio da antiga Universidade Laboral Crucero Baleares, no Burgo, e máis adiante tamén no Pazo dos Deportes de Riazor. As cores principais do club eran o branco e o azul.

Historia editar

A mediados do século XX naceu na cidade o Imperio, un equipo formado por adolescentes integrantes da Frente de Juventudes. O Imperio finalmente desapareceu na década de 1960, e como consecuencia naceu o Bosco a partir do pulo dun grupo de antigos alumnos do colexio dos Salesianos.[1]

A tempada 1967-68 foi a de máis éxito do club, acadando o ascenso á 1ª División da liga española, equivalente á actual Liga ACB.[1] Na tempada 1968-69 o Club Bosco converteuse no primeiro equipo galego que competía na máxima categoría do baloncesto nacional. Nesa tempada dentro da elite o equipo gañou seis encontros, empatou 1 e perdeu 15. O debut tivo lugar na cancha do CF Barcelona o 24 de novembro de 1968, co resultado de derrota por 95-65. As seis vitorias chegaron nas xornadas 2ª (vs Náutico), 4ª (vs San José), 6ª (vs Mataró), 11ª (vs Manresa), 12ª (vs Barcelona) e 21ª (vs At. San Sebastian), e o empate na 19ª (vs Joventut). Todos estes resultados foron xogando como local, e non chegaron abondo para acadar o obxectivo da permanencia.[1][2]

Tralo descenso, o equipo mantívose varios anos na segunda categoría do baloncesto nacional até a súa desaparición.

O presidente fundador do club foi Claudio San Martín,[1] e o que levou ó equipo á Primeira División foi Antonio Álvarez. Outro presidente moi salientable foi Francisco Javier Vázquez Fidalgo, que creou o novo local social da entidade. Trala morte Francisco Javier Vázquez Fidalgo o club comezou a ter problemas económicos que levaron ó club á súa desaparición.[1]

Pavillón editar

 
O Bosco xogou como local no Pazo dos Deportes de Riazor.

O equipo xogaba os seus encontros como local no ximnasio da antiga Universidade Laboral Crucero Baleares, no Burgo, e máis adiante tamén no Pazo dos Deportes de Riazor.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Abelenda Lado, Daniel (11 de maio de 2024). "A Coruña, ciudad de pelota naranja". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2024. 
  2. "Federación Española de Baloncest. Resumen de actividades 1968-69" (PDF) (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar