Michael Spears
Michael Spears, nado o 28 de decembro de 1977 en Dacota do Sur é un actor nativo americano. Spears naceu na Reserva india Lower Brulé, na cal viviu ata que chegou a quinto curso.[1] É membro dos lakota sicangu, unha tribo síux. É irmán do tamén actor Eddie Spears.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1977 (46 anos) Lower Brule Indian Reservation, Estados Unidos de América (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Central High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante , modelo , actor de cinema |
Período de actividade | 1990 - |
Instrumento | Voz |
|
Spears é un cantante tribal e toca o tambor, actuando a miúdo en "pow wows", é dicir, grandes reunións de nativos americanos. Michael viaxa con frecuencia como orador para falar sobre a educación e a conciencia das enerxías sostibles entre os rapaces de Dacota do Sur. Traballa co seu pai e co seu irmán como parte do Grupo Inter-Tribal, cuxo obxectivo é fomentar a creación de fontes naturais e sostibles de enerxía.
Traxectoria editar
Comezou na interpretación interpretando a Otter no oscarizado filme Dances with Wolves, acadando gran sona con só 13 anos. Ós 17 anos xa tiña actuado en cine e televisión xunto con Kevin Costner, Jimmy Smits e Kim Delaney. O maior papel da súa carreira foi Dog Star na miniserie producida por Steven Spielberg Into the West, que se emitiu en TNT. Pode falar lakota pero non de forma fluída. Ensináronlle o seu pai e o seu avó, pero aínda o está a aprender. Durante a rodaxe de Into the West tomou leccións dun lingüista.[2]
Notas editar
- ↑ "Entrevista con Michael Spears de Patricia Sheridan, Pittsburgh Post Gazette". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 31 de xullo de 2013.
- ↑ "Entrevista con Michael Spears de Lynn Taylor Rick, Rapide City Journal". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2013.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial
- Michael Spears na IMDb (en inglés).