Dances with Wolves

Filme de 1990 dirixido por Kevin Costner

Dances with Wolves (Bailando cos lobos) é un filme estadounidense de temática épica dirixido, producido e protagonizado por Kevin Costner, que se estreou en 1990. É unha adaptación do libro homónimo de 1988 de Michael Blake, e conta a historia dun tenente do Exército da Unión que viaxa á fronteira do oeste americano ata un posto militar abandonado, onde fai amizade coa tribo síux dos Lakota.

Bailando cos lobos
Ficha técnica
Título orixinalDances with Wolves
DirectorKevin Costner
ProdutorKevin Costner
Jim Wilson
Jake Eberts
GuiónMichael Blake
IntérpretesKevin Costner
Mary McDonnell
Graham Greene
Rodney A. Grant
MúsicaJohn Barry
FotografíaDean Semler
MontaxeNeil Travis
EstudioTig Productions
DistribuidoraOrion Pictures
Estrea 9 de novembro de 1990
Duración180 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Romance
Orzamento$22 000 000[2]
Recadación$424 208 848[2]
Na rede
IMDB: tt0099348 Filmaffinity: 239359 Allocine: 6480 Rottentomatoes: m/dances_with_wolves Mojo: danceswithwolves Allmovie: v12092 TCM: 72152 Metacritic: movie/dances-with-wolves TV.com: movies/dances-with-wolves Netlix: 60028940Editar o valor em Wikidata

Costner desenvolveu o filme durante un período de 5 anos, contando cun orzamento inicial de $15 millóns. Dances with Wolves tivo elevados valores de produción[3] e gañou sete Premios Oscar, incluíndo o premio ó mellor filme, e un Globo de Ouro ó mellor filme dramático. Moitos dos diálogos están en lakota con subtítulos, traducidos por Albert White Hat, presidente do Departamento de Estudos Lakota da Universidade Sinte Gleska. Foi rodado en Dacota do Sur e Wyoming.

O filme considérase un grande influente na revitalización do xénero western no cinema de Hollywood. No 2007, Dances with Wolves foi seleccionado para a súa preservación polo National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."[4]

Sinopse editar

En 1860, os Estados Unidos estaban a vivir unha época de grandes cambios, xa que é neste momento cando se produce a conquista do oeste americano. Milleiros de colonos comezan a emigrar cara ó Oeste, ós territorios habitados polos indios. O tenente John J. Dunbar, soldado da Unión, diríxese a un afastado posto fronteirizo que está completamente abandonado. Na súa soidade entra en contacto cos síux cos que pouco a pouco comeza a relacionarse, e grazas a iso, coñece a "En pé co puño en alto", unha muller branca que foi adoptada pola tribo cando era nena. Esta relación creará un debate nel sobre permanecer fiel ó exército ou manterse xunto ós síux, ós que considera os seus amigos.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1990: 7 Oscars: Mellor película, director, guión, fotografía, son, banda sonora, montaxe
  • 1990: Globos de Ouro: Mellor película: Drama

Banda sonora editar

Dances With Wolves
Banda sonora de John Barry
1990
Duración18 en 53:18 (versión orixinal)
21 en 63:00 (versión de 1995)
24 en 75:29 (versión de 2004)
XéneroBanda sonora
Selo discográficoEpic Records

Dances with Wolves é a banda sonora orixinal do filme, cuxos temas foron compostos e dirixidios por John Barry. John Barry gañou o Oscar á mellor banda sonora en 1991, e o Premio Grammy á "Mellor composición instrumental escrita para cine ou televisión". Barry estivo nomeado tamén ó Globo de Ouro á mellor banda sonora (que finalmente gañou The Sheltering Sky) e ó BAFTA (que gañou Cyrano de Bergerac).

Versión orixinal editar

  1. "Main Title – Looks Like a Suicide" – 3:59
  2. "The John Dunbar Theme" – 2:16
  3. "Journey to Fort Sedgewick" – 3:25
  4. "Ride to Fort Hays" – 2:00
  5. "The Death of Timmons" – 2:24
  6. "Two Socks – The Wolf Theme" – 1:30
  7. "Pawnee Attack" – 3:49
  8. "Kicking Bird's Gift" – 2:10
  9. "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:43
  10. "The Buffalo Hunt" – 2:42
  11. "Stands with a Fist Remembers" – 2:09
  12. "The Love Theme" – 3:46
  13. "The John Dunbar Theme" – 2:04
  14. "Two Socks at Play" – 1:59
  15. "The Death of Cisco" – 2:14
  16. "Rescue of Dances with Wolves" – 2:09
  17. "The Loss of the Journal and the Return to Winter Camp" – 2:09
  18. "Farewell and End Title" – 8:50

Versión de 1995 editar

  1. "Main Title – Looks Like a Suicide" – 3:57
  2. "The John Dunbar Theme" – 2:15
  3. "Journey to Fort Sedgewick" – 3:22
  4. "Ride to Fort Hays" – 2:00
  5. "The Death of Timmons" – 2:25
  6. "Two Socks – The Wolf Theme" – 1:28
  7. "Pawnee Attack" – 3:45
  8. "Kicking Bird's Gift" – 2:08
  9. "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:39
  10. "The Buffalo Hunt" – 2:41
  11. "Fire Dance" – 1:41
  12. "Stands with a Fist Remembers" –2:07
  13. "The Love Theme" – 3:52
  14. "The John Dunbar Theme" – 2:05
  15. "Two Socks at Play" – 1:57
  16. "The Death of Cisco" – 2:12
  17. "Rescue of Dances with Wolves" – 2:07
  18. "The Loss of the Journal and the Return to Winter Camp" – 2:07
  19. "Farewell and End Title" – 8:40
  20. "The John Dunbar Theme" – 3:41
  21. "Dances with Wolves" – 5:15

Versión de 2004 editar

  1. "Main Title/Looks Like a Suicide (expanded)" – 7:35
  2. "Ride to Fort Hays" – 2:03
  3. "Journey to Fort Sedgewick/Shooting Star/John Dunbar Theme/Arrival at Fort Sedgewick" – 4:55
  4. "The John Dunbar Theme" – 2:19
  5. "The Death of Timmons" – 2:25
  6. "Two Socks/The Wolf Theme" – 1:32
  7. "Stands with a Fist Remembers" – 2:12
  8. "The Buffalo Robe" – 2:12
  9. "Journey to the Buffalo Killing Ground" – 3:30
  10. "Spotting the Herd" – 1:49
  11. "The Buffalo Hunt (film version)" – 4:33
  12. "Fire Dance" – 1:41
  13. "Two Socks at Play" – 2:00
  14. "Falling in Love" – 3:05
  15. "Love Theme" – 3:46
  16. "The John Dunbar Theme" – 2:06
  17. "Pawnees/Pawnee Attack/Stone Calf Dies/Toughest Dies" – 6:15
  18. "Victory" – 1:03
  19. "The Death of Cisco" – 2:14
  20. "Rescue of Dances with Wolves" – 2:08
  21. "The Loss of the Journal/The Return to Winter Camp" – 2:09
  22. "Farewell / End Title" – 8:51
  23. "The Buffalo Hunt (album version)" – 2:45
  24. "The John Dunbar Theme (film version)" – 2:21

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "Dances with Wolves". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 Box Office Mojo (ed.). "Dances with Wolves (1990)". Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  3. "Dances with Wolves: Overview" (plot/stars/gross, related films), allmovie, 2007, webpage: amovie12092 Arquivado 26 de abril de 2006 en Wayback Machine.
  4. 2007 list of films inducted into the National Film Registry

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar