Michael Majerus

xenetista británico

Michael Eugene Nicolas Majerus (13 de febreiro de 1954 – 27 de xaneiro de 2009) foi un xenetista británico e profesor de evolución na Universidade de Cambridge. Foi tamén un membro profesor no Clare College, Cambridge. Foi un entusiasta da teoría darwinista da evolución por selección natural e chegou a ser unha autoridae mundial no seu campo da bioloxía evolutiva dos insectos. Foi moi coñecido polo seu traballo sobre as avelaíñas e maruxiñas e un defensor da ciencia da evolución. Tamén foi un entusiasta educador[1][2] e autor de varios libros sobre insectos,[3][4] evolución[5][6] e reprodución sexual.[7] É lembrado principalmente pola súa ardente defensa dos experimentos sobre a evolución de Biston betularia.[8][9]

Infotaula de personaMichael Majerus
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xaneiro de 2009 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Coton, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da mortemesotelioma Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCambridgeshire Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Holloway University of London Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxenetista , lepidopterólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Fillo de Fernand e Muriel Majerus, Michael Majerus tivo un temperán interese nos insectos. Conseguiu a súa primeira rede para bolboretas á idade de catro anos. O seu pai, de orixe luxemburguesa, espertoulle esa afección levándoo a excursións polo campo os fins de semana e traéndolle a casa espécimes obtidos nas súas viaxes.[10] Estaba especialmente interesado nos lepidópteros e na xenética ecolóxica seguindo os traballos de E.B. Ford, cuxo libro Moths (da serie New Naturalist)[11] comprou aos 10 anos de idade. Educouse na Merchant Taylors' School, Northwood, e graduouse en botánica e zooloxía no Royal Holloway College, Londres. Obtivo o seu doutoramento PhD no Royal Holloway College polo estudo do control xenético da cor das larvas da avelaíña Phlogophora meticulosa. Traballou durante catro anos na Universidade Keele como un demostrador de investigacións. En 1980 pasou a formar parte do Departamento de Xenética da Universidade de Cambridge como asociado de investigación. Despois de ser promocionado como profesor numerario en 1987 e profesor adxunto en 2001, foi nomeado profesor de evolución en 2006. En 1990 elexírono membro do Clare College, e desde o seguinte ano, en 1991, converteuse en membro docente do college, posto que mantivo ata a súa morte.[12][13]

Morreu o 27 de xaneiro de 2009 por causa dun mesotelioma agresivo.

Vida persoal editar

Majerus era un apaixonado anticreacionista. Utilizou moitos dos seus traballos científicos para loitar contra o creacionismo.[8]

Casou con Vicki Maclean en 1979, pero o seu matrimonio foi disolto. Volveu casar con Tamsin Harris en 1988 coa cal tivo dous fillos e unha filla. Posteriormente divorciouse, e Majerus casou por terceira vez con Christina Poole en 2005.[12]

Logros editar

Despois do seu traballo de doutoramento sobre avelaíñas, Majerus pasou a estudar as maruxiñas, unha área que lle deu unha gran publicidade e sona como experto en 2004 cando a maruxiña Harmonia axyridis chegou a Gran Bretaña, causando unn desastre como especie invasora. Esta publicidade axudou a que moitas persoas se implicasen na monitorización do espallamento da maruxiña. O seu traballo sobre a avelaíña Biston betularia proporcionou novos apoios para o coñecemento da evolución de dita especie.[6][14][15]

O seu traballo de investigación estivo fundamentalmente enfocado nos insectos, especialmente B. betularia e as maruxiñas, pero investigounas desde moitas perspectivas diferentes, como o melanismo,[16] os matadores de machos,[17][18] a selección sexual,[19][20] as enfermidades de transmisión sexual en insectos,[21] a coloración animal,[22] as especies invasoras,[23][24] e o control de pragas biolóxicas.[25]

Evolución de Biston betularia editar

O legado de Majerus está constituído en gran medida pola súa afervoada defensa e traballos experimentais sobre a evolución de B. betularia.[26] O concepto de melanismo industrial en B. betularia fora un exemplo primario da selección natural darwinista en acción. Coas evidencias experimentais obtidas por Bernard Kettlewell a principios da década de 1950, a historia desta avelaíña converteuse nun clásico na bioloxía evolutiva. Porén, a aparición do creacionismo a finais do século XX supuxo un grave ataque a este concepto. Para incementar a polémica, os biólogos tamén empezaron a discutir a validez dos experimentos de Kettlewell.[27] A publicación de Melanism: Evolution in Action en 1998, no cal Majerus analizaba e defendía os experimentos de Kettlewell provocou grandes críticas. Os traballos de Kettlewell víanse como carentes dun axeitado procedemento experimental, e algúns mesmo o acusaban de ser falsos, unha fraude ou falsificación e equivocados.[28][29][30][31] As acusacións foron moi popularizadas pola xornalista Judith Hooper no seu libro de 2002 Of Moths and Men (que á súa vez recibiu grandes críticas).[32][33] Un dos críticos, Jerry Coyne, profesor de evolución na Universidade de Chicago, comentou que: "A maioría do traballo descrito non é concluínte... polo momento debemos descartar Biston como un exemplo ben entendido de selección natural en acción, aínda que é claramente un caso de evolución."[34] Majerus entón deseñou un elaborado experimento para resolver o asunto.[35] Empezouno en 2001 e continuouno por sete anos, e rematouno pola súa morte, sen darlle tempo a publicalo. Experimentara con 4.864 avelaíñas en Cambridgeshire, polo que se converteu no experimento máis grande realizado desa maneira. Despois da súa morte os seus resultados experimentais foron analizados por unha colaboración de xenetistas norteamericanos e británicos, e publicáronse en 2012.[36][37] Os traballos de Majerus reivindicaban claramente a metodoloxía dos experimentos sobre a evolución de B. betularia e o artigo concluía que:

Estes novos datos contestan ás críticas aos traballos iniciais e validan a metodoloxía empregada en moitos experimentos de predación previos que utilizaban os troncos de árbores como sitios de descanso. Os novos datos, xunto co peso dos datos previamente existentes mostran convincentemente que o "melanismo industrial" en Biston betularia aínda segue sendo un dos exemplos máis claros e máis doadamente comprensibles de evolución darwinista en acción".

Honores e recoñecementos editar

Majerus foi presidente da Sociedade de Entomólogos Amadores,[38] un Membro da Sociedade Entomolóxica Real, e un Membro Vitalicio da Asociación de Naturalistas Británicos. Recibiu varios premios, como o Premio Memorial Peter Scott en 2006, pola súa contribución á historia natural británica. En 2004 concedéuselle o título de "Distinguished Supporter" da Asociación Humanista Británica.[8] En 2010 a Sociedade de Entomólogos Amadores creou A bolsa de investigación Mike Majerus co obxectivo de animar a unha nova xeración de entomólogos apoiando e financiando os seus proxectos baseados nas Illas Británicas que pulasen a causa do estudo entomolóxico, investigación ou educación feito por amadores, especialmente os xoves. [39]

Libros editar

Notas editar

  1. For example: Majerus, M.E.N. (2008). "Signs of Darwin in your back garden: The defensive colour patterns of moths and butterflies". AES Bug Club 16: 29–40. 
  2. Majerus, M.E.N. (2009). "Industrial Melanism in the Peppered Moth, Biston betularia: An Excellent Teaching Example of Darwinian Evolution in Action". Evolution: Education and Outreach 2: 63–74. doi:10.1007/s12052-008-0107-y. 
  3. Majerus, M. E. N. (1994). Ladybirds. New Naturalist series, #81. Collins, Londres, Reino Unido. ISBN 978-0-00-219935-3. 
  4. Majerus, M. E. N. (2002). Moths. New Naturalist series, #90. Collins, Londres, Reino Unido. ISBN 978-0-00-220142-1. 
  5. Majerus, M. E. N.; Amos, W. D.; Hurst, G. D. D. (1996). Evolution the Four Billion Year War. Longman, UK. ISBN 978-0-582-21569-6. 
  6. 6,0 6,1 Majerus, M. E. N. (1998). Melanism: Evolution in Action. Oxford University Press, Oxford, UK. ISBN 978-0-19-854982-6. 
  7. Majerus, M. E. N. (2003). Sex Wars: Genes Bacteria and Biased Sex Ratios. Princeton University Press, Princeton, USA. ISBN 978-0-691-00981-0. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Professor Michael Majerus (1954–2009)". British Humanist Association. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  9. Gregory, TR (28 de xaneiro de 2009). "Dr. Michael Majerus (1954–2009)". Genomicron. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  10. "Professor Michael Majerus (1954–2009)". Clare College. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  11. Ford, E.B. (1955). Moths. New Naturalist #30 (1st ed.). HarperCollins, Londres, Reino Unido. 
  12. 12,0 12,1 "Professor Michael Majerus: Geneticist who defended Darwin in the battle against creationism". The Independent. 13 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2022. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  13. Reisz, Matthew (26 de febreiro de 2009). "Obituary: Michael Majerus, 1954-2009". Times Higher Education. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  14. Majerus, M. E. N. (2008). "Non-morph specific predation of peppered moths (Biston betularia) by bats". Ecological Entomology 33 (5): 679–683. doi:10.1111/j.1365-2311.2008.00987.x. 
  15. "University of Cambridge, Department of Genetics". Professor Mike Majerus 1954–2009. 31 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2011. Consultado o 2010-08-05. 
  16. Majerus, M.E.N.; Mundy, N.I. (2003). "Mammalian melanism: natural selection in black and white". Trends in Genetics 19 (11): 585–588. PMID 14585605. doi:10.1016/j.tig.2003.09.003. 
  17. Majerus, M.E.N.; Hurst, G.D.D. (1997). "Ladybirds as a model system for the study of male-killing symbionts". Entomophaga 42 (1–2): 13–20. doi:10.1007/BF02769875. 
  18. Hurst, G.D.D.; Jiggins, F.M.; von der Schulenburg, J.H.G.; Bertrand, D.; West, S.A.; Goriacheva, I.I.; Zakharov, I.A.; Werren, J.H.; Stouthamer, R.; Majerus, M.E.N. (1999). "Male-killing Wolbachia in two species of insect". Proceedings of the Royal Society B 266 (1420): 735–740. PMC 1689827. doi:10.1098/rspb.1999.0698. 
  19. Majerus, M.E.N.; O'Donald, P.; Weir, J. (1982). "Female mating preference is genetic". Nature 300 (5892): 521–523. Bibcode:1982Natur.300..521M. PMID 7144902. doi:10.1038/300521a0. 
  20. Haddrill, P.R.; Shuker, D.M.; Amos, W.; Majerus, M.E.N.; Mayes, S. (2008). "Female multiple mating in wild and laboratory populations of the two-spot ladybird, Adalia bipunctata". Molecular Ecology 17 (13): 3189–3197. PMID 18522693. doi:10.1111/j.1365-294X.2008.03812.x. 
  21. Hurst, G.D.D.; Sharpe, R.G.; Broomfield, A.H.; Walker, L.E.; Majerus, T.M.O.; Zakharov, I.A.; Majerus, M.E.N. (1995). "Sexually-transmitted disease in a promiscuous insect, Adalia bipunctata". Ecological Entomology 20 (3): 230–236. doi:10.1111/j.1365-2311.1995.tb00452.x. 
  22. Brunton, C.F.A.; Majerus, M.E.N. (1995). "Ultraviolet colors in butterflies – intraspecific or inter-specific communication". Proceedings of the Royal Society B 260 (1358): 199–204. doi:10.1098/rspb.1995.0080. 
  23. Brown, P.M.J.; Roy, H.E.; Rothery, P.; Roy, D.B.; Ware, R.L.; Majerus, M.E.N. (2008). "Harmonia axyridis in Great Britain: analysis of the spread and distribution of a non-native coccinellid" (PDF). BioControl 53: 55–67. doi:10.1007/s10526-007-9124-y. 
  24. Ware, R.L.; Majerus, M.E.N. (2008). "Intraguild predation of immature stages of British and Japanese coccinellids by the invasive ladybird Harmonia axyridis". BioControl 53: 169–188. doi:10.1007/s10526-007-9135-8. 
  25. Rhule, E.; Majerus, M.E.N. (2008). "The potential of the sexually-transmitted mite, Coccipolipus hippodamiae, to control the harlequin ladybird, Harmonia axyridis, in Britain". Bulletin of the Amateur Entomologists' Society 67: 153–160. 
  26. Proffitt, F (2004). "Michael Majerus profile. In defense of Darwin and a former icon of evolution". Science 304 (5679): 1894–5. PMID 15218121. doi:10.1126/science.304.5679.1894. 
  27. Majerus, Michael E. N. (2008). "Industrial Melanism in the Peppered Moth, Biston betularia: An Excellent Teaching Example of Darwinian Evolution in Action". Evolution: Education and Outreach 2 (1): 63–74. doi:10.1007/s12052-008-0107-y. 
  28. Miller, Ken (1999). "The Peppered Moth – An Update". millerandlevine.com. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  29. "The Peppered Moth". truthinscience. Truth in Science. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2014. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  30. Grant, Bruce (13 de decembro de 2000). "Charges of fraud misleading". The Pratt Tribune. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  31. Cook, Laurence M. (2003). "The Rise and Fall of the Form of the Peppered Moth". The Quarterly Review of Biology 78 (4): 399–417. PMID 14737825. doi:10.1086/378925. 
  32. Grant, B. S (2002). "Sour Grapes of Wrath". Science 297 (5583): 940–941. doi:10.1126/science.1073593. 
  33. Clarke, Bryan (2003). "The art of innuendo". Heredity 90 (4): 279–280. doi:10.1038/sj.hdy.6800229. 
  34. Coyne, Jerry A (1998). "Not black and white". Nature 396 (1): 35–36. Bibcode:1998Natur.396...35C. doi:10.1038/23856. 
  35. Majerus, Michael EN (2008). "Non-morph specific predation of peppered moths (Biston betularia) by bats". Ecological Entomology 33 (5): 679–683. doi:10.1111/j.1365-2311.2008.00987.x. 
  36. Luiggi, Cristina (1 de maio de 2012). "Mighty Moth Man". The Scientists. Consultado o 25 de xullo de 2014. 
  37. Cook, L. M.; Grant, B. S.; Saccheri, I. J.; Mallet, J. (2012). "Selective bird predation on the peppered moth: the last experiment of Michael Majerus". Biology Letters 8 (4): 609–612. PMC 3391436. PMID 22319093. doi:10.1098/rsbl.2011.1136. 
  38. Majerus, M.E.N. (2008). "Natural history and the future of the world: Presidential Address given at the Amateur Entomologists' Society AGM on 26 de abril de 2008". Bulletin of the Amateur Entomologists' Society 67: 89–98. 
  39. "The Michael Majerus Grant". Consultado o 2015-08-24. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar