Judith Hooper

xornalista estadounidense

Judith Hooper, nada en 1949 en San Francisco,[1] é unha xornalista norteamericana.

Infotaula de personaJudith Hooper
Biografía
Nacemento15 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Hooper traballou como editora e escritora para a revista Omni. Co seu marido, Dick Teresi, coescribiu os libros The Three-Pound Universe (1986) e Would the Buddha Wear a Walkman? A Catalogue of Revolutionary Tools for Higher Consciousness (1990). Posteriormente escribiu o controvertido libro Of Moths and Men (2002), no que argumenta que os experimentos sobre a Biston betularia (bolboreta nocturna exemplo de selección natural) levados a cabo por Bernard Kettlewell entre 1952 e 1972 eran defectuosos e mesmo, implicitamente, dáse a entender que eran fraudulentos.[1] Hooper escribe no prólogo do seu libro, "Eu non son unha creacionista, pero ser acrítica sobre a ciencia é convertela nun dogma."[2] Os papeis de Kettlewell foron reexaminados por Rudge (2005) e Young (2004) que non encontraron xustificación para unha acusación de fraude, e dixeron que "Hooper non proporcionaba nin unha pequena proba que sostivese esta seria alegación".[3] O xenetista Michael Majerus investigou o asunto destas afirmacións de Hooper sobre os traballos de Kettlewell, e concluíu que ela comprendera mal a selección natural e os detalles da predación sobre a Biston betularia. Marjerus considera que este insecto é un exemplo de selección natural excelente para a súa ensinanza escolar.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Judith Hooper". Contemporary Authors Online. Gale. October 19, 2005. Retrieved on August 12, 2008.
  2. Judith Hooper. Of Moths and Men. W.W. Norton, 2003. xix.
  3. Rudge D. W. (2005). "Did Kettlewell Commit Fraud? Re-examining the Evidence". Public Understanding of Science 14 (3): 249–268. PMID 16240545. doi:10.1177/0963662505052890. 
  4. Michael E. N. Majerus, Industrial Melanism in the Peppered Moth, "Biston betularia: An Excellent Teaching Example of Darwinian Evolution in Action Arquivado 02 de setembro de 2019 en Wayback Machine.", Evolution: Education and Outreach, DOI 10.1007/s12052-008-0107-y, 2008.