Metralletas Lecheras

Metralletas Lecheras é unha banda galega de punk rock baseada no Milladoiro.

Metralletas Lecheras
OrixeO Milladoiro, Galicia Galicia
Período2007-presente
Xénero(s)punk rock, garage rock, surf rock, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Bowery Recods, Pantera e Iribarne Producións
MembrosRafa Anido
Don Camilo
Zé Pequeno
Rubén Domínguez
Na rede
Bandcamp
Bandcamp: metralletaslecheras Musicbrainz: 5065bc1a-be6d-4cfa-b977-9a8a943afb00 Songkick: 4243336 Discogs: 3334074 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Metralletas Lecheras nace no ano 2007 cando Rafa Anido e Don Camilo decidiron montar un grupo. Nese momento Anido só estaba tocando en Jiménez del Oso, xa que a súa outra banda, Los Iribarnes, disolvérase pouco antes, polo que dispoñía de tempo para un novo proxecto.[1]

A banda realizou o seu primeiro concerto o 2 de maio de 2009 en Santiago de Compostela, tocando con Jiménez del Oso e Lee van Cleef. Ao pouco tempo comezaron a gravar a súa maqueta Metralletas Lecheras con Roberto Mallo, técnico de Triángulo de Amor Bizarro e en outono ingresaría no grupo Zé Pequeno (The Phantom Keys) como baixista.[1]

Metralletas Lecheras realizou en 2010 dúas sesións de gravación nos estudios Abrigueiro de Friol e tras actual en Madrid foron fichados polo selo Bowery Recods que publicou o seu primeiro álbum, Melodías Para Romanos, en marzo de 2011.[1] Os temas do traballo saíron desas sesións en Friol, agás "Tita Cervera", que foi gravado en 2009 en Vila Melocotón, Milladoiro.[2]

En novembro de 2010, antes do lanzamento do disco, entrou na banda Rubén Domínguez (Telephones Rouges, Cudevaso) para encargarse dos teclados. Nese ano as súas cancións "Peregrina" e "Atapuerca" son incluídas nos álbums recompilatorios Come on Pelegrín e Galician Bizarre respectivamente.[1][3][4]

En 2012 participaron no disco homenaxe aos Resentidos A Tribo Toda Baila: 30 Anos de Música Feliz cos Resentidos, aportando o tema "Minusválida". En novembro dese ano Metralletas Lecheras publicaron o EP de catro temas Et les Filles de la Réalité, gravado no estudio A Ponte de Tomás Ageitos e no que se inclúe unha versión do temas "Mongoloid" de Devo cantada en galego e bautizada como "Mutenroi".[1][5]

A finais de 2015 o selo Pantera e Iribarne Producións publicou o EP recompilatorio Metralletas Lecheras con temas dos seus anteriores traballos, ademais de incluír a canción "Jesucristo", sinxelo editado en abril de 2012.[1] A banda presentou este lanzamento no mes de decembro no Liceo Mutante de Pontevedra xunto con Los Televisores.[6] Dende entón Metralletas Lecheras permanece inactiva.

Discografía editar

Álbum Ano Selo Notas
Metralletas Lecheras 2009 autoeditado maqueta
Melodías Para Romanos 2011 Bowery Recods álbum
Et les Filles de la Réalité 2012 autoeditado EP
Metralletas Lecheras 2015 Pantera e Iribarne Producións EP

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Metralletas Lecheras". La Fonoteca. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  2. "Melodias Para Romanos by Metralletas Lecheras". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  3. "Come on Pelegrín, o mellor underground compostelán nun CD". Malmequer. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  4. "Galician Bizarre". Discogs. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  5. "Et Les Filles De La Réalité by Metralletas Lecheras". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  6. "Festa honrando a segunda referencia do selo Pantera e Iribarne". Facebook. Consultado o 20 de setmbro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar