O Milladoiro, Biduído, Ames

núcleo de poboación do concello de Ames

O Milladoiro é un núcleo de poboación da parroquia de Biduído, no concello coruñés de Ames. Segundo o INE, no ano 2018 tiña unha poboación de 12.848 habitantes (6.107 homes e 6.741 mulleres), o que supón un aumento con respecto o ano 2006.

O Milladoiro
ParroquiaBiduído
ConcelloAmes
Coordenadas42°50′34″N 8°34′45″O / 42.8428335, -8.5791513Coordenadas: 42°50′34″N 8°34′45″O / 42.8428335, -8.5791513
Poboación12.848 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O seu topónimo actual ten unha orixe ligada ó culto xacobeo. Antes do século XI cada unha das entradas a Santiago estaba marcada por medio de miliarios romanos. Esta demarcación responde á xurisdición que a igrexa de Santiago tiña sobre o territorio en relación co xiro ou circuíto de peregrinación xacobea. Estes fitos aparecen nomeados como miliarios ata o ano 1 000, palabra que entronca coa latina millia (do numeral mille). Estes nomes, que xa aparecían como O Milladoiro, latinizaronse posteriormente baixo o termo humiliatorium; desta maneira estableceuse unha relación aparente cos termos latinos humilis e Humilitatis.[1] Esta relación etimolóxica parece ser a orixe dun dos ritos da peregrinación, consistente na colocación de pedras nos chamados milladoiros.[1]

A vila está atravesada pola estrada N-550, arredor da cal foi medrando. Na década de 1970 as aldeas de Seidón, A Madalena e O Milladoiro experimentaron un progresivo crecemento como cidades-dormitorio de Santiago de Compostela.

Eclesiasticamente, O Milladoiro constituíuse como parroquia en 2009, segregándose de Biduído.[2]

O Milladoiro na literatura popular editar

  • Véxote no Milladoiro,/ no Faramelo, en Padrón,/ e astra pola Ponte Valga/ te vexo no corazón [3].

Lugares e parroquias editar

Lugares de Biduído editar

Lugares da parroquia de Biduído no concello de Ames (A Coruña)

A Agrela | Biduído de Abaixo | Biduído de Arriba | Casanova | Coira | Costoia | Fraíz | Framil | A Igrexa | O Milladoiro | A Moniña | Paramuíño | Raíces | Ventín

Parroquias da Ames editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ames

Agrón (San Lourenzo) | Ameixenda (Santa María) | Ames (San Tomé) | Biduído (Santa María) | Bugallido (San Pedro) | Covas (Santo Estevo) | Lens (San Paio) | Ortoño (San Xoán) | Piñeiro (San Mamede) | Tapia (San Cristovo) | Trasmonte (Santa María)

Notas editar

  1. 1,0 1,1 López Alsina, Fernando (1988). La ciudad de Santiago de Compostela en la AltaEdad Media. Concello de Santiago de Compostela. Citado en López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. Real Academia Galega. p. 70. ISBN 978-84-947823-7-4. doi:10.32766/rag.339. 
  2. "O Milladoiro ya es una parroquia". El Correo Gallego (en castelán). 26 de outubro de 2009. 
  3. O Milladoiro é lugar da parroquia de Biduído, concello de Ames; O Faramello non está en Padrón senón que é lugar da parroquia de Ribasar, no concello de Rois; Ponte Valga é lugar da parroquia e concello de Valga. No texto: hastra