Metal neoclásico

O metal neoclásico é un subxénero do heavy metal que presenta unha grande influencia da música clásica, con acordes de guitarra moi técnicos,[1] e adaptacións de estruturas e harmonías inspiradas na música clásica. Ritchie Blackmore está considerado como o pioneiro deste estilo, e posteriormente Yngwie Malmsteen converteuse nun dos músicos máis notables en contribuír ao seu desenvolvemento.[1][2] Outros músicos notables considerados dentro deste xénero son Jason Becker, Tony MacAlpine, Vinnie Moore, Stéphan Forté e Timo Tolkki.[1]

Metal neoclásico
Orixe musicalHeavy metal, música clásica, speed metal, rock progresivo
Orixe culturalFinais dos anos 1970 e comezos dos 1980 en Suecia, Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña.
Instrumentos típicosGuitarra eléctrica, baixo, batería, voz, teclado

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Forté, Stephan (2009). "Metal néoclassique". Guitarist Magazine Pedago. Les secrets du metal- Etudes de Style (en francés) (29): 14–15. 
  2. Farley, Helen (2013). "Demons, The Occult Devils and Witches: in Heavy Metal Music". En Bayer, Gerd. Heavy Metal Music in Britain. Ashgate Publishing. pp. 80–81. ISBN 9781409493853. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.