Ritchie Blackmore

guitarrista inglés de música rock

Richard Hugh «Ritchie» Blackmore, nado en Weston-super-Mare o 14 de abril de 1945, é un guitarrista inglés de música rock, coñecido principalmente por ser o guitarrista e fundador de Deep Purple, Rainbow e Blackmore's Night.

Ritchie Blackmore
Nome completoRichard Hugh Blackmore
Data nacemento14 de abril de 1945 (78 anos)
Nado enWeston-super-Mare
CónxuxeCandice Night
FillosJürgen Blackmore
OcupaciónMúsico, compositor
XéneroFolk rock
Blues rock
Hard rock
Heavy metal
Power metal
Neo-classical metal
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conDeep Purple
Rainbow
Blackmore's Night
Tempo en activo1960-presente
Na rede
blackmoresnight.com
IMDB: nm0085808 Facebook: ritchieblackmore Twitter: therealritchieb Instagram: therealritchieblackmore Spotify: 3jhRxlzBA9m3NTxNNQ8GtK Musicbrainz: fc5f555c-dfa2-4f16-9da5-98342105c23a Songkick: 370390 Discogs: 309402 Allmusic: mn0000808338 WikiTree: Blackmore-948 Deezer: 10137 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Na década de 1960, Blackmore formou parte do grupo instrumental The Outlaws, ademais de colaborar como músico de sesión con cantantes como Glenda Collins, Heinz, Screaming Lord Sutch ou Neil Christian, entre outros. En 1968 fundou Deep Purple, co que alcanzou o éxito comercial, aínda que logo de seis anos e gravar nove álbums de estudio, abandonou a formación en 1974 por diferenzas creativas cos demais membros. A raíz da súa saída, formou o proxecto Rainbow, co que gravou oito discos.

En 1984, disolveu Rainbow e volveu unirse cos seus antigos compañeiros de Deep Purple, aínda que debido á súa mala relación co vocalista Ian Gillan, abandonou a formación en 1993. Pouco despois volveu reunir Rainbow para gravar un álbum de estudio; con todo, disolveuno anos máis tarde para crear o grupo de folk Blackmore's Night xunto á súa actual esposa, Candice Night.

Traxectoria editar

Infancia e primeiros anos de vida editar

Richard Hugh Blackmore naceu o 14 de abril de 1945 no hospital Allandale Nursing Home de Weston-super-Mare, ao Suroeste de Inglaterra. O seu pai, Lewis John Blackmore, era orixinario de Cardiff e traballaba na industria da aviación, mentres que a súa nai, Violet Short, era natural de Bristol. Dous anos despois, a familia, completada polo seu irmán máis vello Paul; mudouse a Heston, por motivos laborais do seu progenitor.[1] Durante a súa nenez, Blackmore comezou a escoitar a artistas como Elvis Presley, Buddy Holly, Duane Eddy ou Bill Haley, que se converterían nas súas primeiras influencias musicais. Aos 11 anos, o seu pai comproulle unha guitarra acústica e lle instou a tomar clases de guitarra clásica.[2] O mozo comezou a progresar co seu instrumento, aínda que o seu rendemento escolar descendeu significativamente.[3] Con 13 anos formou o seu primeiro grupo, 21's Junior Skiffle Group, xunto a algúns compañeiros da escola.[4] En 1959, o seu pai comproulle outra guitarra, esta vez eléctrica.[5] Ao ano seguinte coñeceu a Big Jim Sullivan, que se converteu nun dos seus ídolos e que aceptou darlle clases.[6] Curiosamente, aínda que quería aprender rock, a primeira peza que Sullivan ensinoulle foi unha gavota de Johann Sebastian Bach.[7]

Debido aos seus malos resultados escolares, aos 15 anos tomou a decisión de abandonar o colexio e comezou a traballar como aprendiz de operario de radio no aeroporto de Heathrow, onde tamén traballaban o seu pai e o seu irmán.[8]

É pai, xunto a outros guitarristas da época, do que sería chamado posteriormente como Hard Rock e sobre todo, polo seu traballo en Rainbow, impulsor da aparición do rock con marcadas influencias clasicistas, logo chamado metal neoclásico ou power metal nas últimas décadas.

Na década de 1960 iniciouse como músico de sesión para Joe Meek, producións musicais, e actuou en varias bandas. Mentres traballaba para Joe Meek, chegou a coñecer ó enxeñeiro Derek Lawrence, que máis tarde produciria os tres primeiros álbums de Deep Purple. Co organista Jon Lord foi co-fundador do grupo de hard rock Deep Purple en 1968, sendo membro de Deep Purple de 1968-1975 e de novo entre 1984-1993.

(1968-1975) Os primeiros anos de Deep Purple editar

Blackmore co-fundou o grupo de hard rock Roundabout con Wayne Blade en 1968 con Chris Curtis (voz), Dave Curtis (baixo), Jon Lord (teclados), e Bobby Woodman aka Bobbie Clarke (batería). Máis tarde o nome foi cambiado a Deep Purple, a voz, o baixo e o batería cambiáronse por Rod Evans (voz), Nick Simper (baixo) e Ian Paice (batería). A idea de chamar á banda Deep Purple foi de Blackmore. Logo de tres álbums de Evans e Simper foron substituídos por Ian Gillan (voz) e Roger Glover (baixo).

O primeiro álbum de estudio desta segunda formación foi, In Rock, cambia o estilo da banda, converténdoa nunha banda de hard rock. Os riffs de guitarra de Blackmore, os distorsionados do órgano Hammond de Jon Lord, e as influencias de jazz da batería de Ian Paice víronse realzados pola voz de Ian Gillan.

O seguinte LP foi titulado Fireball e continuou no mesmo estilo de hard rock creado no traballo anterior, coa guitarra de Blackmore marcando o característico estilo da banda.

O seguinte álbum de Deep Purple foi titulado Machine Head. A banda orixinalmente ía gravar o álbum nun casino de Montreux, pero a noite antes da gravación, había un concerto de Frank Zappa (cos membros de Deep Purple de espectadores) un dos asistentes disparou unha pistola de bengalas, que prendeu un lume no interior do edificio e o casino queimouse. Toda a traxedia está documentada na letra do que ía converterse no himno histórico de Deep Purple "Smoke on the Water".

En 1973, pouco despois do lanzamento do álbum Who Do We Think We Are, Ian Gillan e Roger Glover abandonaron Deep Purple.

Foron substituídos polo baixista Glenn Hughes ex Trapeze e un cantante descoñecido chamado David Coverdale. O álbum gravado pola nova formación foi titulado Burn.

O seguinte álbum de Deep Purple, Stormbringer, foi publicamente denunciado polo propio Blackmore, que non lle gustaban as influencias soul e funky que Hughes e Coverdale inxéctaban na banda. Tras este comunicado, foise de Deep Purple á fronte dun novo grupo, Rainbow, e o que era orixinalmente unha colaboración de Blackmore, resultou ser un proxecto de nova banda.

(1975-84) os primeiros anos de Rainbow editar

 
Blackmore, dereita, con Rainbow en 1977

Logo de Deep Purple, Blackmore formou a banda de hard rock Rainbow. O nome da banda Rainbow (Arco da vella) foi inspirado nun bar e parrillada de Hollywood chamado Arco da Vella que atendía ás estrelas de rock, as groupies e os entusiastas do rock. Foi aquí onde Blackmore pasaba o seu tempo libre en Deep Purple e reuniase co vocalista Ronnie James Dio, cuxa banda Elf viaxaba regularmente como abreconcertos de Deep Purple.

O álbum de debut da banda, Ritchie Blackmore's Rainbow, foi lanzado en 1975. O estilo musical da banda era distinto da anterior banda de Blackmore e moita da inspiración de Blackmore viña do seu amor pola música clásica que correspondia moi ben cas letras de cancións de Dio sobre temas medievais.

Blackmore despediu a todos os membros orixinais da banda, excepto Dio pouco despois da gravación do primeiro álbum, e contratou a unha nova formación para gravar o álbum Rainbow Rising.

Para o seguinte álbum, Long Live Rock 'n' Roll, Blackmore mantén o batería Cozy Powell e a Dio, pero substitúe ao resto da banda. Blackmore tivo dificultades para atopar un baixista para esta gravación de modo que toca baixo el mesmo, excepto en tres cancións: "Gates of Babylon", "Kill the King" e "Sensitive To Light" (o baixo nestas cancións tocouno Bob Daisley.) Tras o lanzamento do álbum e a xira de promoción, Ronnie James Dio abandona Rainbow, debido a "diferenzas creativas" con Blackmore.

Blackmore continuou coa banda e lanzou un novo álbum titulado Down To Earth, que presentou ao seu excompañeiro de banda Roger Glover de Deep Purple no baixo. O álbum contén o primeiro éxito de Blackmore desde a súa saída de Deep Purple, "Since You Been Gone".

O seguinte álbum da banda, Difficult to Cure, presentou como vocalista a Joe Lynn Turner. O tema que dá título a este álbum foi un arranxo da Novena Sinfonía de Beethoven, un tema favorito de Blackmore.

O próximo álbum de estudio de Rainbow foi Straight Between the Eyes que inclúe o single "Stone Cold". Que sería seguido polo álbum Bent Out of Shape, que incluía o single "Street Of Dreams". O vídeo da canción foi prohibido pola MTV supostamente polo seu polémico vídeo hipnótico. A xira resultante viu regresar a Raonbow ao Reino Unido e tamén ao Xapón, onde a banda tocou cunha orquestra completa.

A mediados da década de 1980, Blackmore e os seus ex compañeiros de Deep Purple conciliaron as diferenzas do pasado dando lugara exitosa reunión do "Mark II". O álbum final de Rainbow, Finyl Vinyl, foi feito de retrincos de cancións en vivo e "lados b" de sinxelos.

(1984-1993) A segunda etapa en Deep Purple editar

En abril de 1984, anunciouse no Friday Rock Show da BBC Radio Venres Rock Show que a segunda formación de Blackmore, Gillan, Glover, Lord e Paice reuniase para a gravación de novo material. A banda asinou un contrato con Polydor en Europa e Mercury en América do Norte. O álbum Perfect Strangers foi lanzado en outubro de 1984. A xira, comezou en Perth, Australia, e abriuse paso no mundo e en Europa no verán seguinte. Foi a xira con máis público do ano.

En 1987, a formación gravou e realizou xiras de promoción do álbum, The House of Blue Light. Un álbum en vivo, Nobody's Perfect foi lanzado en 1988. Unha nova versión de "Hush" (cantada por Gillan, que aínda non se unira á banda cando se realizou a gravación orixinal), tamén foi lanzada para conmemorar o vixésimo aniversario da banda. En 1989, Ian Gillan foi despedido da banda debido á falta de afinidade con Blackmore. O seu substituto foi o ex vocalista de Rainbow Joe Lynn Turner. Esta formación gravou un álbum titulado Slaves & Masters (1990). Aínda que o álbum foi un dos favoritos de Blackmore, os seus compañeiros estaban decepscionados cos resultados dos álbums e xiras.

Nin o disco nin a xira foron éxito de crítica ou éxito comercial. Tras a súa conclusión, Turner foi despedido da banda. Ian Paice e Jon Lord argumentaron que Deep Purple necesitaba a Ian Gillan como vocalista da banda. Blackmore cedeu e Gillan regresou antes da gravación de The Battle Rages On en 1993. Durante a xira de promoción a finais de 1993, as tensións entre Gillan e Blackmore chegaron ao clímax e Blackmore deixou a banda de forma permanente. O seu último concerto coa banda foi en Helsinqui, Finlandia o 17 de novembro de 1993.

Ian Gillan, quen fora compañeiro de Ritchie Blackmore durante os primeiros días da banda, declarou nunha entrevista en 2006 que Blackmore converteuse nun tipo raro e o día que saíu da xira foi o día que as nubes desapareceron e o día que o sol saíu e non miramos atrás desde entón. Agregou que "hai certos asuntos persoais que teño con Ritchie, o que significa que nunca vou falar con el outra vez. Nada do que vou falar en público, pero cousas moi persoais".

(1993-1997) a segunda etapa de Rainbow editar

Ritchie Blackmore reformou Rainbow logo de saír de Deep Purple por segunda vez en 1993. Esta formación de Rainbow co cantante Doogie White durou ata 1997 e produciu o álbum Stranger in Us All. Nestes anos Blackmore foi o único membro permanente. Stranger In Us All non estaba á altura da aclamación da crítica e comercial das versións anteriores, posiblemente debido á popularidade do grunge no momento e o feito de que non foi particularmente ben publicitado. En 1996, apareceu no álbum homenaxe a Hank Marvin e The Shadows "Twang".

(1997-presente) a etapa do Blackmore's Night editar

 
Ritchie tocando con Candice Night

En 1997, Blackmore e a súa (agora) esposa Candice Night formaron o grupo pop inspirado na Música renacentista Blackmore's Night. Tamén realizaron a música para MagiQuest, un xogo de simulación en vivo situado en Myrtle Beach, SC. O seu álbum debut Shadow of the Moon (1997) foi disco de ouro no Xapón e gozou de certo éxito en Europa. En álbums posteriores, en particular, Fires at Midnight (2001), houbo unha maior incorporación da guitarra de rock na música, mentres que mantiña unha dirección folk rock.

Estilo editar

É coñecido por tocar con desmesurada intuición, o que non debe levar q menosprezar a súa bagaxe teórica e a súa técnica indiscutible. Maiores, menores, diminuídos; parece que calquera modo tonal lle é cómodo. Nas súas actuacións en directo chegouselle a acusar de tocar moi sucio, pois era frecuente que empezase a golpear a guitarra no medio dunha actuación, rompese a ponte a golpes de panca ou sinxelamente dedicábase a deixar soar algúns grupos de notas mentres variaba o seu son a golpes co instrumento. No álbum en directo "Made in Japan", que gravou con Deep Purple Nos anos 70, dáse unha boa proba diso.

Tamén é considerado un dos Pais do Heavy Metal especialmente logo de formar equipo co vocalista Ronnie James Dio, con quen fundou Rainbow.

Tivo unha grande influencia entre moitos dos guitarristas que viñeron logo del, e non só na súa popularmente recoñecida influencia clásica no rock. O seu fraseo foi sempre exemplar, e a linguaxe das súas improvisacións singularmente puro. Sempre foi un admirador da Fender Stratocaster, guitarra que acompañouno ao longo de case toda a súa traxectoria musical, usaba soamente, ao tocar, dúas das tres pastillas do instrumento (nas posicións mastro e ponte, concretamente), o que confire aos seus sons un ton moi particular e recoñecible. O resto do seu equipo "clásico" confórmano unha gravadora que poñia entre o instrumento e o seu amplificador, un preamplificador a valvulas e por suposto un enorme Marshall modificado para que tivese unha saída ao redor de 200 W. Nalgunhas Ocasións utilizou un pedal de flanger, especialmente recoñecible no famoso tema Mistreated (do álbum Burn, con David Coverdale) e nalgunhas cancións de Rainbow.

Vida persoal editar

Blackmore ten un fillo, Jürgen R. Blackmore (nado en 1964), do seu primeiro matrimonio cunha alemá chamada Margrit. O seu matrimonio terminou en 1969. Casou con outra alemá, chamada Bärbel Hardie en setembro de 1969. O seu terceiro matrimonio, en maio de 1981, foi con Amy Rothman, que terminou en divorcio en 1987 (separáronse en 1983). El e a súa compañeira de banda Candice Night viven xuntos desde 1991 (coñecéronse en 1989). A parella actualmente reside no monte Sinaí, Long Island, Nova York, EEUU. O 5 de outubro de 2008, Ritchie Blackmore e Candice Night casaron nun castelo no Hudson. De acordo con Ian Gillan, Blackmore é coñecido por ser unha persoa moi difícil. Afirma Gillan, "Él é moi difícil, quere que todo sexa feito ao seu xeito, non escoita a ninguén máis, e non deixa que alguén máis faga algunha contribución á súa música, tamén cancela viaxes no último minuto. " Ian Paice tamén o describiu como un ser difícil, e Jon Lord comentou inmaturo que pode ser.

Discografía editar

Deep Purple

Álbums:

Blackmore's Night'''''

Álbums:

  • Shadow of the Moon - 1997
  • Under a Violet Moon - 1999
  • Fires at Midnight - 2001
  • Past Times with Good Company - 2002 (directo)
  • Ghost of a Rose - 2003
  • Beyond the Sunset: The Romantic Collection - 2004 (recompilatorio)
  • Village Lanterne - 2006
  • Christmas Carols - 2006
  • Secret Voyage - 2008

Vídeos:

  • Castles and Dreams - 2005
  • Paris Moon - 2007

Rainbow

LPs:

Homenaxes:

  • Blackmore's Kingdom (1998)

Concertos:

  • On Stage (1977)
  • Live In Munich (Álbum Oficial) (1977)
  • Finyl Vinyl (1986)
  • Live in Germany '76 (1994)
  • Live in Europe '76 (1996)

Grandes éxitos:

  • The Best of Rainbow (1981)
  • The Very Best of Rainbow (1997)
  • 20th Century Masters - The Millennium Collection: The Best of Rainbow (2000)
  • Pot of Gold (2002)

Notas editar

  1. Bloom 2007, pp. 2.
  2. Bloom 2007, pp. 3.
  3. Bloom 2007, pp. 4.
  4. Bloom 2007, pp. 6.
  5. Bloom 2007, pp. 8.
  6. Bloom 2007, pp. 9.
  7. Bloom 2007, pp. 10.
  8. Bloom 2007, pp. 14.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar