O melindre é un doce característico da gastronomía de Galicia, cunha forma semellante á dunha rosquilla pero máis pequeno. Caracterízase polo seu menor tamaño e polo baño de xarope de azucre que levan por fóra e co que adquiren unha consistente capa abrancazada que os envolve.

Melindre

Melindres de Melide tralo baño de azucre.
Tipo Doce
Orixe Melide, Galicia Galicia
Gastronomía Gastronomía de Galicia
Ingredientes
Orixe animal Manteiga
Ovo (alimento)
Orixe vexetal Fariña
Azucre

Características xerais editar

 
Showcooking de Xoán Crujeiras na festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide.

Os ingredientes do doce son: manteiga de vaca, fariña, ovos, azucre e opcionalmente anís. Faise unha masa mesturando os ovos, a fariña e a manteiga, logo esa masa divídese en anacos e dáselle forma. Despois hai que metelas no forno ata que collan unha cor non moi escura. Hai que deixar que arrefríen ben e logo báñanse nun xarope de auga e azucre, e ese almibre que abrillanta o doce, que é o que lles da a súa aparencia característica.[1] Poden durar un mes en boas condicións.

Son a peza central da festa anual do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide.

Feira do melindre de Melide editar

Recollendo o traballo das rosquilleiras que amasaban os melindres nas casas e os levaban a vender ás feiras, no 1991 creouse a festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide, celebrada o segundo domingo de maio.[2]

Notas editar

  1. D'Souza, Ajay. "Melindres ó xeito de Melide « A Biblioteca de Fillos de Galicia". Consultado o 2021-03-17. 
  2. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar