Anís

especie de planta

Este artigo trata sobre a planta, para a bebida véxase: Anís (licor).

O anís (Pimpinella anisum), é unha planta da familia das apiáceas orixinaria de Asia e naturalizada en numerosas rexións.

Descrición editar

Forma matogueiras de máis de 50 cm de altura, con follas pinnadas na base e máis profundamente divididas na parte superior do talo. As pequenas flores brancas son pentapétalas. Os froitos-sementes consisten en dous carpelos unidos, chamados cremocarpos, os cales teñen un forte sabor e arrecendo.

Emprego editar

As súas sementes empréganse como condimento nas panaderías e reposterías, na elaboración de licores (anís, anisete) xunto con algúns curries e pratos de marisco. Todas as partes vexetais da planta nova son comestibles. Os talos teñen unha textura semellante á do apio e posúen un sabor máis suave cás súas sementes.

Principios activos editar

A destilación das sementes libera un aceite volátil que se emprega no tratamento de cólicos flatulentos. Como infusión serve para trastornos dixestivos.

O elemento principal do aceite (máis do 90%) é o anetol (C10H12O or C6H4[1.4](OCH3)(CH:CH.CH3.) Tamén contén chavicol metileno, aldehido anísico, ácido anísico e un terpeno.

O anís estrelado obtido do pericarpo en forma de estrela da planta Illicium verum, nativa da China, tamén contén anetol, mais non está emparentado botanicamente co anís, aínda que debido ao seu sabor e aroma semellante, adoita empregarse como un substituto máis barato en panadería e na elaboración de licores.

Ligazóns externas editar