Mecynorhina torquata

Mecynorhina torquata

Mecynorrhina torquata, macho e femia. Espécimes montados no Museo Nacional de Praga
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Scarabaeidae
Subfamilia: Cetoninae
Tribo: Goliathini
Xénero: Mecynorhina
Especie: M. torquata
Nome binomial
Mecynorhina torquata
(Drury, 1782)
Sinonimia
  • Mecynorrhinella torquata (Drury, 1782)
  • Cetonia torquata Drury, 1782

Mecynorhina torquata é unha especie de escaravello da subfamilia Cetoniinae, tribo Goliathini.

Descrición editar

Mecynorhina torquata está entre os Cetoniinae máis grandes do mundo, só superado polos escaravellos goliat. Os machos chegan aos 55-85 mm de lonxitude e as femias son lixeiramente menores, chegando a uns 50-60 mm de lonxitude. A cor básica é verde con marcas brancas nos élitros. Os machos teñen un corno na parte frontal. As larvas poden acadar os 80 mm de lonxitude nos machos, cun peso duns 30-40 g.

Distribución editar

Son nativos de África tropical, especialmente na República Democrática do Congo, Camerún e Uganda.

Investigacións editar

Creáronse cyborgs de M. torquata implantándolle eléctrodos e un aparello de radio.[1][2] Enviando sinais de radio para facer que os eléctrodos estimulasen os músculos, é posible controlar o camiñar[1] e o voo do escaravello.[2]

Subespecies editar

  • Mecynorhina torquata immaculicollis (Kraatz, 1890)
  • Mecynorhina torquata poggei (Kraatz, 1890)
  • Mecynorhina torquata torquata (Drury, 1782)
  • Mecynorhina torquata ugandensis Moser, 1907 – ás veces tratado como unha especie separada

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cao, Feng; Zhang, Chao; Choo, Hao Yu; Sato, Hirotaka (2016). "Insect–computer hybrid legged robot with user-adjustable speed, step length and walking gait". Journal of the Royal Society Interface 13 (116): 20160060. ISSN 1742-5689. PMC 4843679. PMID 27030043. doi:10.1098/rsif.2016.0060. 
  2. 2,0 2,1 Sato, Hirotaka; Vo Doan, Tat Thang; Kolev, Svetoslav; Huynh, Ngoc Anh; Zhang, Chao; Massey, Travis L.; van Kleef, Joshua; Ikeda, Kazuo; Abbeel, Pieter; Maharbiz, Michel M. (2015-03-16). "Deciphering the Role of a Coleopteran Steering Muscle via Free Flight Stimulation". Current Biology (en inglés) 25 (6): 798–803. ISSN 0960-9822. PMID 25784033. doi:10.1016/j.cub.2015.01.051. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar